description

7.3.08

Xogar no patio

Na xunta estamos no tempo de xogar no patio. É polo das eleccións, si, pero non so durante a campaña. Xa levamos así dende hai algún tempo. De cando xa comezan os partidos a colocar a súa xente nas listas que se está a xogar no patio. Imos explicar como poidamos o da expresión xogar no patio.
Cando comeza o tempo preelectoral (e estamos a falar de medio ano antes do "election day"), os altos cargos da xunta e os partidos que os substentan comezan a tomar posicións estratexicamente en función dos seus intereses electorais e/ou do morto (léase consellería, secretaría xeral ou outros organismos) que teñan enriba. En función diso, o partido de turno aconsellará agachar as funcións encomendadas ou darlle bóla toda canta haxa para que a xente vexa que se fai algo. Isto tamén pode variar pola influencia de varios factores (lease sondeos de opinión ou debates políticos) que poden facer agochar certas áreas de poder das que antes se mostraba fachenda ou viceversa.
Nun principio, todos saen a xogar ao patio. Os mandóns do colexio din ao resto da rapazada a qué xoga cada un (ás agachadas ou as bólas). A algún non lle gustará xogar ás bólas porque as bólas que ten son como as de plastelina, pero si non quere saír do patio dunha patada no cú, vai ter que xogar ás bólas. Outro estará encantado de xogar ás bólas e mesmo vai gañando ao güá, pero antes de meter a bóla no burato, chega o mandón do patio e dille que se deixe gañar e que se vaia caladiño a xogar ás agachadas. É fodido que che fagan iso, pero máis fodido é ter que sentarte co cú dolorido.
O de xogar ás agachadas tamén é fodido porque hai que calar ben a boca e ter todo ben tapadiño, non vaia ser que che veña o que panda (lease a oposición) e canturree:
-Polo secretario xeral de Chiqui-chiquiii; que se lle vai caendo un expediente ilegal presuntamenteee.
E o secretario:
-Non ta-aaal. Non é un expedienteee, que son uns supostos prácticos do curso de directivos que estou facendooo. Halaaaaaa.
E a oposición retrúcalle:
-Éme igua-aaal. Aínda que sexa mentira, xa saíches á palestra públicaaa; e isto crea debate e/ou crispación segundo nos conveñaaa. Halaaaaaa chúpateee.
E ante iso, o secretario non lle queda outra que buscar unhas boas bólas por ver de gañar ao güá ou poñer o cuíño e levalas ben levadas.
E así anda a xunta dende hai un tempo. Departamentos que desaparecen do mapa administrativo e outros que non se sabe de onde saíron e que agora están co peito inchado. Uns xogando ás bolas e outros ás agachadas. Cousas de xogar no patio.

2 comentários:

Anónimo disse...

Dios, que queda da honestidade que se lle presupón a calquera persoa que traballe polo ben común?
Ás veces, resignámonos, cremos que nunca se pode facer nada, pero si, entre o malo e o peor, eu quedo co primeiro, e iso é o que elixo cando vou votar. Por iso creo que despotricar, sentenciar con ese manido "son todos iguais" é unha burranzanada. Hai que reclamar e castigar co voto, se é o caso.
Fixémolo no 2004 e no 2005. Agora tamén temos dereito a reclamar o que é noso. Pero como ás veces pagan xustos por pecadores, igual é mellor comezar por abaixo e esixir responsabilidades de maneira directa. Vostede, Secretario/Director Xeral non cumpre, ou, mellor dito, incumpre, pois "a-la-puta-rue!" E acabouse o conto.

Anónimo disse...

Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... data crédito consulta