description

23.1.08

Descuberta musical

Xa temos dito algunha vez que si o persoal xunteiro soubese deste noso acubillo, invadiríalle unha mestura de sorpresa, incredulidade, desinterese e indiferencia. É por iso que a endogamia administrativa non tería o menor sentido. Para iso están os boletíns sindicais. Temos que recoñecer que foi a nosa amiga Pícara de Allegue a que nos achegou a este mundo blogomilleiro do que aprendemos tanto e que tanto nos descobre.
Negámonos a admitilo pero a pirámide toda ten xa unha idade e o bloguerío non nos anima moito a pensar o contrario. Moita xente nova anda por estes mundos 2.0 e nós imos enganchando. Moi torpemente pero imos enganchando.
Exemplo do que estamos a dicir: a música. Somos fill@s dos oitenta (algúns de antes) e polo que respecta a música galega cústanos moito separar a música en galego da música tradicional galega.
E chega o blogomillo e ábrenos as orellas e descóbrenos todo un mundo musical en galego, feito por xente nova que quere facer a súa propia música en galego(e vaia si a fai), a parte do tradicional, ao que damos o visto e prace de mil amores. The homens, Fanny & Alexander, Loretta Martin, Arredemo e poderiamos seguir enumerando grupos que fomos escoitando grazas ao bloguerío. Grazas a todos eles temos as orellas e a mente un pouco máis aberta.
A mostra do botón vai ser o Projecto Mourente. Grupo que nos sorprendeu moi gratamente. E o directo xa ben o vedes neste vídeo tubo.



Se cadra, escoitades mellor a versión gravada

boomp3.com

Non temos máis que dicir que imos facer unha solicitude formal en vicepresidencia para que todos estes grupos pasen a formar parte do fío musical dos edificos administrativos (nada de copes, seres, ondas, nin puntos).

18.1.08

Fóra do mundo.

Ai, que vergonza. Xa vai vir o antroido e nós aínda felicitando as festas do Nadal. Xa tiñamos todo programado para facer un par de entradiñas e mesmo mirar de darlle unha reviravolta ao blog e acórdalle á laranxa adsl de deixarnos fóra do mundo (seica temporalmente). A ver si por fin alguén nos bota un cable que xa nos tarda.