description

28.4.06

Descansa o artista

Recoñecida a súa obra, o artista descansa.
Placidamente, tranquilo.
Coñecedor, ao fin, da consistencia da súa pintura.
Pois aquí o amigo aguanta do tabique.
Placidamente, tranquilo.
Coñecedor, ao fin, da inconsistencia da arquitectura.


Posted by Picasa

Xocaloma Reloaded








Posted by Picasa

26.4.06

And the Oscar goes to...

 Posted by Picasa

Te Drag Queen?

 Posted by Picasa

24.4.06

Foto antiestrés

Non me digades que con isto non se vos baixa o ritmo cardíaco e respirades moito mellor.
Muniellos, 2005.
Copyleft Luísa.


Posted by Picasa

22.4.06

Novo blog da Pirámide! Este mola máis.


Despois de perdida a virxinidade blogueira na páxina de http://piramide.bitacoras.com (que Ra a teña na súa gloria), é tempo de cambiar de aires e meternos en cousas de 1ª División como é este novo blog na páxina de Blogger (anda o Google detrás deste trebello). Aquí é onde andan os blogs máis fashion e non imos nós ser menos. Temos que andar á última. Antes mortos que sencillos. Certo é que nesta páxina o de meter imaxes e texto é máis doado (aínda que ten moitas cousas en inglés) e podemos ilustrar máis esta revista nosa (abres Picasa, seleccionas a foto que queiras do teu ordenador e daslle ao botón "blog this" e listo), porque o que se di escribir... Para mostra este botón. Non sei se o Xan se acorda desta foto. Sacámola na sala das nenas lingüístas porque andaba eu co rollito wharholiano e precisaba de fotos de 1º plano. Un recortiño por aquí e un filtriño de black and white por alá e listo.

A ver se me dades unha alegría e metedes algo máis neste blog que no outro.