description

22.4.06

Novo blog da Pirámide! Este mola máis.


Despois de perdida a virxinidade blogueira na páxina de http://piramide.bitacoras.com (que Ra a teña na súa gloria), é tempo de cambiar de aires e meternos en cousas de 1ª División como é este novo blog na páxina de Blogger (anda o Google detrás deste trebello). Aquí é onde andan os blogs máis fashion e non imos nós ser menos. Temos que andar á última. Antes mortos que sencillos. Certo é que nesta páxina o de meter imaxes e texto é máis doado (aínda que ten moitas cousas en inglés) e podemos ilustrar máis esta revista nosa (abres Picasa, seleccionas a foto que queiras do teu ordenador e daslle ao botón "blog this" e listo), porque o que se di escribir... Para mostra este botón. Non sei se o Xan se acorda desta foto. Sacámola na sala das nenas lingüístas porque andaba eu co rollito wharholiano e precisaba de fotos de 1º plano. Un recortiño por aquí e un filtriño de black and white por alá e listo.

A ver se me dades unha alegría e metedes algo máis neste blog que no outro.