description

4.4.07

mmmmmmmúsicas.

Pensabamos na Pirámide que iamos librar deste meme que anda polo blogomillo adiante buscando músicas en vídeo que provoquen un aumento considerable de feromonas e testosterona e a súa posterior baixada a niveis normais mediante actividades corporais que non imos mencionar aquí. Pensabamos, repito, que iamos librar pero foi que As Crónicas de Oz acordáronse de nós e tócanos aportar. Pois si hai que aportar, apórtase e punto. Andivemos facendo un sondeo na Pirámide para ver de recoller no meme todas as sensibilidades que a conforman, pero despois dun primeiro intento vimos que a cousa non funcionaba e que quen isto escribe acordou que cadaquén ten o seu punto G e a ver si por andar consensuando quedabamos tod@s a medio comer. Así que o meme fágoo eu, e a quen non lle guste que se fod... Imos logo.

Rod Stewart. Da ya think i´m sexy.

Lembraba a canción e o video o que vos pode dar unha idea da franxa de idade na que me movo Na miña defensa debo confesar que daquela aínda non ía nin ao instituto. Esta e calquera outra me subía a min a testosterona. Que queredes. Estaba no tempo.



Sade. No ordinary love.

Desta xa tiña avisada a Besbellinha (deixeilla nun comentario do meme). Poño esta como podería poñer outra porque esta muller cantando é pura sensualidade. Pelín morriñenta se cadra pero aquí xa entra o de facelo con cariño.


Michael Gray. Borderline.

Con este video vou ter que dar algunhas explicacións. Explicacións musicais máis que nada. A luxuria é o que ten. Revela cousas inconcebibles. Un video dunha realización correcta e uns logrados "a la par que discretos" efectos especiais.



Ella Fitzgerald. Summertime.

Era inevitable que non dese unha volta polos clásicos. Unha versión, coido eu, demasiado de jazz para o que nos ocupa, pero a voz desta muller sobe os niveis de xeito notorio. Noite calorosa de verán, corpos sudorosos baixo a luz de lúa, unha nebulosa de orixe alcólica diante dos ollos... A filmoteca está chea de escenas coma esta. Si non acaban todas como estamos pensando, casi.



Neneh Cherry. I got U under my skin.

A min este video gústame porque creo eu que é comodín. Vale para todo. Non define. Non encadra. Non clasifica. Esta muller empezaba daquela e a min sempre me gustou pero hai tempo que non sei nada dela.



E xa está. E agora que acabo, fico pensando nalgún alto cargo facendo este meme. Dende aquí quero animar a tod@s @s altos cargos a que fagan este meme e que o fagan público xunto coa súa declaración de bens que figura na páxina web da xunta. E que se teñen pensado emprender algunha acción disciplinaria contra min, informarlles que lévome moi ben coa asesora xurídica do meu sindicato.

6 comentários:

Anónimo disse...

Pero os altos cargos, na súa superioridade, non pensarán en cousas tan banais coma o sexo.

Elianinha disse...

A miña reacción cando vin que lle enviaban o meme á Pirámide foi, "Ah, pero os funcionarios follan?", así que o dos altos cargos sorpréndeme aínda máis. Pero polo visto, o funcionariado da Pirámide ten un bo gusto erótico-musical...

A pirámide disse...

A Randeeira: eu tamén penso coma ti. O cargo de poder leva consigo a asexualidade, aínda que algo sei de cargos que recorreron á profesionalidade para satisfacer debilidades.

Elianinha: entón supoño que vas de sorpresa en sorpresa. "Ah, pero os funcionarios fan blogs?" "Ah, pero os funcionarios saben do blogomillo?"
Gústanos iso.
Por outra parte, si as moquetas de despacho falaran...

Marinha de Allegue disse...

Gustoume a elección que fixeches, hai mulleres poderosas e cheas de sensualidade, Sade é un exemplo claro, eu tamén a elexín resultoume complicado quedarme cunha soa canción dela pero...

Beijosssss.
:)

moucho branco disse...

Fíxete se hai funcionarios que foden que algúns se pasan o día fodendo ao persoal.

En canto ao mmmmúsicas... é unha selección moi tranquila e moi feminina, e as dúas cousas son perfectamente aplicables a Rod Stewart, :P

Anónimo disse...

Hai segredos inconfesables e momentos para esquecer nos que cancións inefables foron quen de elevar a nosa temperatura.