description

2.1.07

De onde veñen os Reis... agora?

E Aznar e o seu amigo Bush puxéronse a falar destas datas do Nadal e Jose comentoulle o dos Reis de Oriente que veñen por estes lares cada ano:

-Pero de Oriente, Oriente?
-Si home, si. Cargadiños de regalos veñen.
E non ben dixo isto o "inocente" expresidente cando xa Bush estaba montando un operativo para parar todo canto comando en camelo se achegase a terras occidentais en defensa da liberdade e a democracia.
-Pero como non me contaches isto nas Azores, Pepe? dicíalle Bush mentres collía o "bibliófono" por se deus lle dicía algo ao respecto.
-Xurxo, coño! que xa tiña a carta escrita. E como non cheguen os reis, vaise montar un pifostio que nin o de Irak.
-Non te preocupes. Xa teño xente traballando niso.


2 comentários:

Anónimo disse...

O parecido a Ben Laden e a súa orixe en culturas non católicas parecen motivos de abondo para arrestar a estes individuos, aínda que teña como sponsor ó Corte Inglés.

moucho branco disse...

Dende xa os reis veñen de Texas... agora son os reis magos de Dixieland...