description

1.12.06

COÑECÍAS ESTE BECHO?


Isto, para os escépticos e os entomólogos amateurs, non é un marciano nin un dinosauro corredor vido a menos. É unha empussa pennata, un insecto próximo as barbantesas, pero con hábitos arborícolas e un mimetismo máis complexo. O seu hábitat é de tipo mediterráneo, polo que é máis doado de atopar no fondo dos grandes vales (este fotografeino na Ulla).

Pois iso, se queredes atopar un, teredes que fitar as polas das corticeiras, dos castiñeiros ou dos carballos. Con sorte e moita paciencia poida que notedes que unha folliña seca comeza a se mover sen que sopre aire ningún...

6 comentários:

moucho branco disse...

pero ese becho existe de verdade?... carallo coa entomoloxía...

Anónimo disse...

eu que pensaba co becho máis feo que deran as terras galegas era Fraga ... estaba equivocado.

Marinha de Allegue disse...

Pois a mín paréceme un becho ben curioso, a camuflaxe desde logo que é o seu...

Unha aperta.
:)

Anónimo disse...

a este paso vaste converter nun derivado de Félix Rodríguez de la Fuente!!! moi observador e moi bo consello.

saudiños!

Anónimo disse...

Éche ben curioso o becho... E parabéns pola fotografía, pois co seu sistema de camuflaxe decatarse da presenza dun non debe ser cousa doada.

Alba Sandá disse...

Pero que becho mais curioso! Parabéns pola fotografía, está vostede feito todo un artista