description

23.11.06

Francia non durme

Seica o goberno francés está preocupado pola saúde dos franceses (parece obvio pero tal como están as cousas...). Pois argumenta o goberno que os franceses durmen pouco e gastan moito en somníferos e en baixas laborais (que é onde máis lle doe). Para atallar o problema o primeiro ministro francés ten preparado un "plan sueño" que incluirá unha campaña de información na que se aconsella durmir unha sesta de 15 ou 20 minutos tal e como se ven facendo xa nalgunhas empresas do país. Os estudos científicos avalan esta medida e afirman que monear un pouco favorece a saúde e a seguridade laboral dos traballadores e traballadoras.
A Pirámide tamén está investigando isto no eido da administración pública pero, coma bos científicos e científicas, seguimos o protocolo e os experimentos facémolos primeiro en animais.

6 comentários:

Anónimo disse...

Estache ben o conto, ho! Cómpre traballar sobre esa idea... Xa estou vendo as liteiras nos corredores de San Caetano, entre os estantes dos centros comerciais, nas bibliotecas públicas (isto último sería un puntazo)...

Anónimo disse...

Experimentar con animais... refíreste ós bípedes que nos representan no Parlamento ou ós domésticos (os que temos nos Concellos)?

A pirámide disse...

costureira: o das liteiras en S. Caetano non é tan descabellado. Xa houbo máis de un conselleiro que tiña un camastro para durmir a intempestivas horas. Agora o que se leva son as cociñas en anexos a despacho.
Os xaponeses pagan ata 5€ por unha cabezadiña a corpo de rei. Non sei se iso o cubre o seguro.

randeeira: como podes ver na foto, de momento só experimentamos con animais de catro patas. Parece que a cousa vai ben porque non se moveu do sitio dende onte. Ao mellor é ao revés e ten unha sobredose. Non sabemos. Isto da ciencia é moi estresante. Mellor botar unha cabezadiña e logo seguimos.

moucho branco disse...

así que os funcionarios poderán abertamente e sen complexos no seu posto de traballo?... curioso...

Marinha de Allegue disse...

A verdade é que durmila sesta é unha costume moi extendida e din que asudable; ainda que só sexa uns minutos para despuntalo sono. Mais a mín séntame coma unha patada no estómago. Levántame dor de cabeza.
Por certo gústame moito a nova estética do blog PARABENS!!!.

Marinha de Allegue disse...

Mi madriña vou ter que durmir máis horas a verdade é que durmo pouco...
E despois escribo todo mal. Outra vez logo: A verdade é que durmila sesta é un costume moi extendido e din que saudable; ainda que só sexa uns minutos para despuntalo sono. Mais a mín séntame coma unha patada no estómago. Levántame dor de cabeza.
Por certo gústame moito a nova estética do blog PARABENS!!!.