Pois así comezamos.
Aí a tendes. A revista literaria "publicada". Este é o número dous de cinco que se fixeron (comezamos co número 0 como as de verdade). Era a cousa moi artesana pero moitas risas nos fixemos con ela. Agora perdemos, se cadra, frescura e simpatía pero gañamos en difusión e rapidez. Non se pode ter todo que logo chámante avaricioso. Se houbese peticións (que vai ser que non) dicirvos que xa non hai números soltos e o traballiño que me costou atopar estes. Xa pensaremos en montar un pdf e poñer a leria esa de "calquera parecido coa realidade é pura coincidencia".
7 comentários:
Pois claro se xa non hai números soltos poñede os cinco en PDF antes de que se vaian a extraviar. Así botamos todos unhas risas.
Encántame iso de "non faltaba moito para o mes en que Intervención pecha o exercicio". Xa está tardando a versión PDF.
Hai cada veciña...
A ver, a ver... non nos tiremos da moto, que isto non che é "A Nosa Terra". Iso si, a publicación non deixa de ter o seu morbillo; ás veces incluso trascende o mero cachondeo e ponse a denunciar a estupidez humana en que se está a converter a "administración"
Porfa, porfa, porfa. Queremos ver todos os números. Para cando?
Arredemo! como tomades as cousas ao pé da letra. O do PDF terá que ser co consentemento do colectivo da Pirámide. A revista era de difusión interna e facela pública agora suporía informar ás persoas implicadas e disimular os nomes das escarniadas.
Outra sería atopar todos os números. Disto hai xa algúns e daquela non tiñamos conciencia do seu posible interés máis alá de botarnos unha risas.
Se hai interese pois inténtase.
Sería fantástico que fixérades iso. Reune A Pirámide enteira e adiante!!!.
unha aperta grande grande pq para tanta pirámide
;)
Enviar um comentário