A Pirámide foi de magosto
E aí nos vedes. Parte da pirámide foise de magosto (parte que non toda). Como veu sendo habitual neste evento, caían chuzos de punta pero nós sequiños de todo (ata un pouquiño afumados) grazas a espectacular mellora que ultimamente está tendo o noso club social en Berres. Castañas, panceta, churrasco e chourizos. Os postres mención a parte. Como vedes, alguén xa non se daba levantado da silla.
3 comentários:
Caramba que ben o pasades, así da gusto...
Unha aperta grande para tanta pirámide.
;)
Catañas, panceta, churrasco e chourizos ... e logo o viño qué?
A min paréceme moita comida para o fracos que se nos ve. Para o próximo magosto nada de panceta e chourizo, só as castañas e alegría. Iso sí, dúas de viño, que unha non chega a nada. E non hai excusas: haberá queimada.
Enviar um comentário