O de facer máis pequenas as fotos
Si alguén tivo a santa paciencia de ler a entrada na que falaba de facer máis pequenas as fotos (e sei que alguén o fixo porque houbo "comentarios") para que collesen mellor na páxina e non tardase tanto en abrir, acordarase de que falaba dun pequeno programiña chamado VSO Resizer . Unha vez instalado no ordenador só fai falta que abrades a foto que queredes facer máis pequena, picar nela co botón dereito do rato e no menú xa tendes a opción de VSO Resizer
Seleccionade esa opción e abrirase o programiña. Só tendes que modificar o tamaño da foto en "Plantilla" (o normal e 640x480 ou 800x600 como máximo).
Despois debedes pechar o programa (close) e xa tendes xunto a foto a foto orixinal a foto redimensionada (saberédelo porque pon o nome do arquivo máis a resolución que lle destes (por exemplo foto001 (640x480)).
E máis nada por agora. A próxima semana faremos un novo capítulo de bricolaxe informática para bloggers.
1 comentário:
Agora si. Non hai nada coma a información gráfica. Como di o refrán "debaixo da saia da vella... unha imaxe vale máis que mil palabras"
Enviar um comentário