description

21.8.06

E así rematou a triste historia da vaca dos "quesitos"


E ao mellor pensades que acabou en Arizona, ou mesmo en Sudán, Etiopía ou Somalia. Podería ser, pero non. Aí a tendes. Petrificada. A vaca dos "quesitos" dixo que xa non quería sorrir máis e iso foi o comezo da súa caída libre. En picado caeu a coitada. Agora os quesitos poñen "Dia", "Lidl" ou algo así.

Aí tendes os seus restos, coas derradeiras pallas aínda na boca. Foi dar a Peniche. Lugar turístico da costa portuguesa, logo de ser un dos lugares onde ían dar os presos políticos da ditadura salazarista e que foron os primeiros liberados despois do 25 de abril.

A ver se vai ser que a vaca dos "quesitos" tiña conciencia.

2 comentários:

A pirámide disse...

A vaquiña de Peniche, esa si que ten moral. Feliz, ramoneando na herba seca. En troques as nosas, velaí as tes, con esa cariña de pena, como morriñentas. Non aturan nin un mísero lume. Total, quéimanse un pouquiño e xa andan tiradas polo chan.

Anónimo disse...

Alá por onde eu estiven parece que o churrasco é o alimento imprescindible.Ao final tamén alá as vaquiñas acaban queimadas.