description

10.5.06

Pronto. Moi pronto.

 Posted by Picasa

9.5.06

A "discreta a la par que elegante" bohemia compostelá.

A pasada fin de semana pasaba eu polo "Petiscos", afamado restaurante e bar de viños (onda o antigo "Cabaliño do demo"), cando entre grolo e grolo albisquei a unha das estrelas da noite compostelá. Non perdín un intre para achegarme e piropeala. En troques ela deixoume darlle un bico e dirixiume estas palabras: "Meu Xanciño, canto tempo sen verte!" (palabras que sempre levarei no meu corazón). Como queira que levaba a miña camariña dixital, fixen intento de facerlle unha exclusiva para a "pirámide"; pero claro, todos sabemos como son as divas... só me deixou sacarlle un primeiro plano dos seus zapatos de estrea (que lle quedan coma a un anxo). Iso si, da súa identidade nin palabra. A ver se para a próxima pode ser un plano medio, ou, alomenos, unha foto de busto. Ai, "X", canto te queremos e que pouco te deixas ver.

4.5.06

Ai, Rosalía. Coitada.

San Antonio bendito,
dádeme un home,
anque me mate,
anque me esfole.

Meu santo San Antonio
daime un homiño,
anque o tamaño teña
dun gran de millo.
(...)
que, zambo ou trenco,
sempre é bo ter un home
para un remedio.

(Rosalía de Castro, Cantares Gallegos) Posted by Picasa