description

15.10.08

I+D+I tempada outono-inverno

Pois iso. Non hai un can. A xunta anda a gastar o pouco que lle queda, si é que aínda lle queda algo. Facturas de última hora andan rebulindo polos servizos de xestión económica, pelexando polos últimos euros que vagan aburridos no fondo do bote. Cando o bote quede baleiro, haberá que agardar ao ano que ven.
Pero hai veces en que aparecen gastos inesperados e inevitables mesmo co bote baleiro. Que facer nestes casos? Ou acudir ao proveedor de cabeceira para que teña a santa paciencia de agardar uns meses para cobrar (opción maioritaria) ou facer gala do enxeño (escaso nestes contornos por razóns obvias) e arranxarse co que hai.
Gustaríanos mostrar un exemplo de cada opción, pero a discrección e a normativa vixente nos impiden facelo co primeiro caso. En canto ao segundo, ousamos publicar estas fotos; feito inequívoco de que o bote de mantemento de equipos informáticos xa vale para tamboril.
A cousa é que a máquina funciona de momento, e que o arranxo caseiro está realizado e supervisado por persoal cualificado (persoal da casa, pero cualificado). Por si alguén se sinte intrigado ou sospeita que o choio quedou a medio facer, dicir que os alicates e a súa posición no espazo son fundamentais para que o trebello funcione.

Actualización: O invento era bo si non se atascase o papel de novo, cousa que ocorreu poucas horas despois.