30.11.06
28.11.06
Bollywood na procura de historias.
Din que a India é o país onde máis películas se producen. Hollywood comparado non che é nadiña. E claro, con tal volume de flims é normal que boten man de calquera argumento inimaxinable. Xa andan os produtores coma tolos empapándose de prensa estranxeira. Cadrou que un deles foi dar con La Voz de Galicia do domingo e atopou argumento de carallo. Xa se sabe que en Bollywood non se andan con chiquitas e fanche unha película en catro ou cinco horas. Nós fixémonos co trailer desta que falabamos. Podedes ver máis aquí . Despois xa, a gusto de cadaquen.
Escribiu
A pirámide
5
instancias
ás 17:56
O anxo da garda
"Ola. Chámome Xaquín. Son o teu garda de seguridade. Mandáronme aquí por si se extraviaba algún papel.
Escribiu
A pirámide
1 instancias
ás 11:12
23.11.06
Francia non durme
Seica o goberno francés está preocupado pola saúde dos franceses (parece obvio pero tal como están as cousas...). Pois argumenta o goberno que os franceses durmen pouco e gastan moito en somníferos e en baixas laborais (que é onde máis lle doe). Para atallar o problema o primeiro ministro francés ten preparado un "plan sueño" que incluirá unha campaña de información na que se aconsella durmir unha sesta de 15 ou 20 minutos tal e como se ven facendo xa nalgunhas empresas do país. Os estudos científicos avalan esta medida e afirman que monear un pouco favorece a saúde e a seguridade laboral dos traballadores e traballadoras.A Pirámide tamén está investigando isto no eido da administración pública pero, coma bos científicos e científicas, seguimos o protocolo e os experimentos facémolos primeiro en animais.
Escribiu
A pirámide
6
instancias
ás 16:29
20.11.06
DOS ALPES AOS ANCARES
A anécdota de Xurxo o de Oleiros lémbrame de cando subín cuns coleguiñas o monte Formigueiros, aló polos Ancares de Lugo. Bueno, arriba de todo non chegamos, que escureceu antes do que contabamos. O caso é que aí estabamos nós, á tardiña, nun bosque de acrivros acojonante. A min pareceume albiscar unha pita do monte, pero é que teño unha vista tan imaxinativa... seguro que era un corvo. Pero non un corvo calquera; un corvo real, que por alí son grandes coma aguias. É fantástico cando estás nun sitio coma os Ancares, velo todo distinto. Os vales son tan grandes que parecen mares de aire onde as nubes frotan como globos aerostáticos.
Escribiu
A pirámide
7
instancias
ás 12:56
15.11.06
O mal de altura.
Escribiu
A pirámide
8
instancias
ás 17:41
9.11.06
6.11.06
Seguridade e hixiene do dereito á folga.
Estes americanos son moi curiosos. Adoran o mercado libre pero os traballadores sen saírse do rego. Ai, que tempos aqueles nos que aínda quedaba xente que non estudiaba polo libro.
Escribiu
A pirámide
2
instancias
ás 18:04
5.11.06
"Cando medre quero ser analista político".
No ano 2002, o Partido Verde de Nova Celandia, sacou este cartaz. "Cando medre, quero ser un analista político". A cousa viña a conto dun informe encargado a un analista político polo goberno laborista para o estudo de políticas de atención á infancia. Despois de tres anos, a conclusión deste analista foi que se necesitaban máis informes para o estudo de políticas de atención á infancia. Aos verdes de Nova Celandia parecéulles que o analista político tiña moito morro ao concluír o seu estudo daquel xeito cando se calculaba que arredor do 30% dos nenos e nenas do país vivían nos límites da pobreza.Comisión de Investigación do "Prestige"? Comisión de Estudo dos incendios forestais? Non sei por que se me veu isto á cabeza, pero o que si sei é que habendo choios coma este, que neno vai querer ser funcionario?
Escribiu
A pirámide
3
instancias
ás 18:30
3.11.06
FALANDO DO SON
Falando do Son, a Iso e demais veciños, están desenvolvendo unha campaña contra a instalación dunha tremenda piscifactoría onda o Castro de Baroña. Polo visto, o alcalde de Corrubedo botou as máns á cabeza cando llo propuxeron, pero o do Son debeu botalas ao peto. Seica lle quere sacar rendibilidade ao feísmo industrial a costa de foder unha das nosas costas máis privilexiadas, que debera xa estar protexida hai tempo como parque natural e arqueolóxico. E aínda nos vén coa excusa de que vai se van crear moitiiiisimos postos de traballo, cando todos sabemos que este tipo de instalacións están xa moi mecanizadas. A outro can con ese óso. Todo isto lémbrame a aquel alcalde de Lugo que, en aras do progreso da cidade, emperrouse en tirar coas murallas. Houbo falla unha orde ministerial para pararlle os pés. Pois nada, que viva o Sr. alcalde. Agora que instale unha macro urbanización turística (da que xa se vén falando hai anos) e todos a tomar polo cú: se queres ver o mar, vai metendo quinta e non pares ata Fisterra...
Que corra o aire para que se espalle esta macabrada. Agradécense cartas de reprobación (para a alcaldía do Son, claro)
Escribiu
A pirámide
3
instancias
ás 13:05
2.11.06
DEFINITIVAMENTE NON SOMOS NORMAIS

Ai meu neniño, mal te vexo. Sospeito que estás a pasar por unha desas crises que ao primeiro parecen crises e despois resultan que xa che marcaron o carácter para toda a vida. Ou quizais é que xa eras asín de neno, pero daquela non abondaban as batallas de pedras e terróns para proxectar toda a creatividade tecnolóxica que acubillaba o teu coco. A min danme calafríos pensar que algún día o verme da informática sexa quen de roer un oquiño redondiño non meu “melón primitivo” e zas!, de súpeto, decatarme da verdade suprema: que toda esta maraña de programas (como por exemplo, este, xa sabes... thunderflash, microwinter, yellowsoft, frlickroll, etc.) están aí para algo máis que facernos perder o tempo.
Vale, vale. Pido perdón. Xa sei que para os que estades “enjanchados” non é perder o tempo. Pero é que a min amólame a envexa de estar sempre dous pasiños por detrás. Onte estiven en casa duns colegas, que tamén están moi postos, e mira ti, o seu pc era o centro da casa. Nel vían a tele, baixaban cine e música en tempo real, chateaban sen parar, controlaban varios aparellos da casa e ata ían de comprar sen se mover. E xa non digo se es deses que saben facer deseños, composicións artísticas, investir en bolsa, piratear programas do exército, entrar nas contas dos bancos, mudar a ruta dos satélites, ou eu que sei. Méteme medo pensar que canto máis te metes no “rollo” máis controlado te teñen, e non só a efectos de información e de confidencialidade; é que tamén te controlan como consumidor, xa que a “cousa”, cada vez máis, deixa de ser un entretemento para se converter nunha necesidade básica, case como comer ou respirar.
En fin, cada un sabe onde se mete, non? Adiante valentes.
Escribiu
A pirámide
3
instancias
ás 12:37










