description

6.11.06

Seguridade e hixiene do dereito á folga.


O que vedes é unha publicación editada no 2001 polo Center for Labor Education and Research da Universidade de Hawai. Polo que tirei do meu mal inglés (corrixídeme si vou mal), ven sendo unha guía de peto (moi útil para uso "in situ") para a organización de piquetes de folga especifícos para os empregados e empregadas públicas segundo as normas do Estado de Hawai. O seu éxito (era a 2º edición) debía ser que custaba un dólar e seguía os criterios de actuación da policía de Hawai para estes casos (se fas o que che dicimos non vai pasar nada). Ao mellor non era nada diso e entraba na oposición.
Estes americanos son moi curiosos. Adoran o mercado libre pero os traballadores sen saírse do rego. Ai, que tempos aqueles nos que aínda quedaba xente que non estudiaba polo libro.

2 comentários:

moucho branco disse...

claro, si precisamente o mercado libre é libre explotación da man de obra, iso sí que é de manual, ;D

un saúdo.

Anónimo disse...

Por lóxica liberal, un so se debe poñer en folga no tempo de lecer ou cando non traballa para non influír negativamente nas contas de resultados das empresas nin na eficiencia das administracións.