description

5.11.06

"Cando medre quero ser analista político".

No ano 2002, o Partido Verde de Nova Celandia, sacou este cartaz. "Cando medre, quero ser un analista político". A cousa viña a conto dun informe encargado a un analista político polo goberno laborista para o estudo de políticas de atención á infancia. Despois de tres anos, a conclusión deste analista foi que se necesitaban máis informes para o estudo de políticas de atención á infancia. Aos verdes de Nova Celandia parecéulles que o analista político tiña moito morro ao concluír o seu estudo daquel xeito cando se calculaba que arredor do 30% dos nenos e nenas do país vivían nos límites da pobreza.
Comisión de Investigación do "Prestige"? Comisión de Estudo dos incendios forestais? Non sei por que se me veu isto á cabeza, pero o que si sei é que habendo choios coma este, que neno vai querer ser funcionario?

3 comentários:

Nemeth disse...

mira ti que non coñecía a existencia deste recuncho. Aínda que ben seguro que non ha ser o único! :D

estas actitudes fan que medre o sentimento de fartura dos e cos políticos. En Catalunya capitalízano os de Citadáns e noutros sitios téntano os Verdes...

unha aperta

Nemeth disse...

por certo, acabo de verme nas ligazóns...

moi honrado

outra aperta

A Randeeira disse...

Os políticos non medran nunca, polo menos a nivel intelectual.