description

3.11.06

FALANDO DO SON

O último: sei de boa tinta que a do Son ten previsto estrearse no blog, so everyone let's cheer her up! Veña, ghuapa, que ti tes moita arte e salero!
Falando do Son, a Iso e demais veciños, están desenvolvendo unha campaña contra a instalación dunha tremenda piscifactoría onda o Castro de Baroña. Polo visto, o alcalde de Corrubedo botou as máns á cabeza cando llo propuxeron, pero o do Son debeu botalas ao peto. Seica lle quere sacar rendibilidade ao feísmo industrial a costa de foder unha das nosas costas máis privilexiadas, que debera xa estar protexida hai tempo como parque natural e arqueolóxico. E aínda nos vén coa excusa de que vai se van crear moitiiiisimos postos de traballo, cando todos sabemos que este tipo de instalacións están xa moi mecanizadas. A outro can con ese óso. Todo isto lémbrame a aquel alcalde de Lugo que, en aras do progreso da cidade, emperrouse en tirar coas murallas. Houbo falla unha orde ministerial para pararlle os pés. Pois nada, que viva o Sr. alcalde. Agora que instale unha macro urbanización turística (da que xa se vén falando hai anos) e todos a tomar polo cú: se queres ver o mar, vai metendo quinta e non pares ata Fisterra...
Que corra o aire para que se espalle esta macabrada. Agradécense cartas de reprobación (para a alcaldía do Son, claro)

3 comentários:

Anónimo disse...

Ai, canto boto de menos esa poesía administrativa que Iso borda tan ben.
Como se poña ...

Anónimo disse...

E a ver que foi o listo ou lista que limitou os comentarios a usuarios rexistrados?
Como me enfade, monto un contrablog que me río eu dos A, dos D, dos AD, dos OK e mais dos AD OK todos xuntos.
Arremecajonorexistrodeentrada!

A Randeeira disse...

Os alcaldes costeiros galegos tan che feitos dunha pasta (nunca mellor dito) distinta ós demais. Para ver un exemplo claro de diferenzas é dabondo visitar a Mariña de Lugo e seguir pola costa asturiana que temos pegada.