description

28.11.06

Bollywood na procura de historias.

Din que a India é o país onde máis películas se producen. Hollywood comparado non che é nadiña. E claro, con tal volume de flims é normal que boten man de calquera argumento inimaxinable. Xa andan os produtores coma tolos empapándose de prensa estranxeira. Cadrou que un deles foi dar con La Voz de Galicia do domingo e atopou argumento de carallo. Xa se sabe que en Bollywood non se andan con chiquitas e fanche unha película en catro ou cinco horas. Nós fixémonos co trailer desta que falabamos. Podedes ver máis aquí . Despois xa, a gusto de cadaquen.

5 comentários:

A de Loureiro disse...

Éche moito...pode dar moito xogo.Quédome coa dos vaqueiros...teño que pensar o guión.

moucho_branco disse...

os xeradores estes van dar moito, moito que falar... e moitas risas, ;D

un saúdo

aultre narai disse...

vaia marabillas de blogs que me estades descubrindo ultimamente!! o dito, unhas marabillas :)

a randeeira disse...

Eu son persoa serie e por suposto non poiden resistirme.

Nemeth disse...

xa non é o primeiro trailer...

ollá acó:

http://nemeth.blogspot.com/2006/05/bollywood-coas-nosas-letras.html

a pasalo ben!

apertas