description

28.11.06

O anxo da garda

Estaba a facer fotocopias duns oficios de saída. Agardaba pasmado para a fotocopiadora. Notei unha presencia que me acubillaba. A máquina cuspiu ó último papel. A presencia seguía estando aí. Volvín á miña mesa. Sentíame acompañado mais non había ninguén. Ou iso me parecía. Vireime de improviso e alí estaba, de pé, con xesto serio pero amable.
"Ola. Chámome Xaquín. Son o teu garda de seguridade. Mandáronme aquí por si se extraviaba algún papel.

1 comentário:

a randeeira disse...

Mi madriña, esta administración non é coma a anterior pero non se diferencian en nada.