description

2.2.07

O material laboral da administración


Cando ingresas na administración, a lexislación di que tes que asinar oficialmente a toma de posesión e xurar a constitución española (trámite que algúns non fixemos pero aos que se nos aplicou o do valor do soldado). Despois, unha vez reclutado, pasas por intendencia e danche unha identificación e material laboral a utilizar en función do posto que desempeñes.
Isto que vedes na foto é a parte máis importante do material do que se nos fornece. Antes, estas ferramentas de traballo eran máis grandes e pesadas e contaba moito a habilidade e a experiencia para facer un correcto uso delas. Agora os materiais son moito máis lixeiros e mesmo se poden facer coquetos estoxos de deseño moi útiles en momentos de "standby" ou localizacións persoais inesperadas.
O feito de que o estoxo sexa transparente (alén da cor azul e a imaxe corporativa insertada) xustifícase polas extremas medidas de control que impiden levar este tipo de improvisadas armas de destrución dixital (destrución dos dedos se entende) nas sedes administrativas, a non ser que os servizos de seguridade establezan con elas un contacto visual previo. Deste xeito favorécese a distinción da xente que é funcionaria da que non o é.
Debe quedar claro que o uso destas ferramentas de traballo é moi perigoso, non debe facerse diante de nenos, nin de mulleres embarazadas nin de administrados especialmente sensibles ou nerviosos cando contemplan este tipo de situacións. En caso de dúbida débese consultar co xefe de servizo.

4 comentários:

elduende disse...

Mmmm... esa cousa indefinible que aparece á esquerda semella altamente perigosa. Non me estraña que haxa que aprobar unha oposición para estar autorizado a manexala.

Un saúdo, señores do colectivo.

a randeeira disse...

Pois xa descarto a miña entrada na administración polo menos ate que agasallen cunha petaca con licor café da casa (da casa de Touriño, se entende). Por outra banda o coidado dixital está enfrontado coa miña ansia roedora.

Micas disse...

Parece que em portugal utilizam o mesmo sistema ;)). Gosto moito deste teu humor inteligente e acutilante. Parabéns.
Unha aperta

Elianinha disse...

Non sabedes nada. Se alguén leva as unllas longas ao escribir no teclado pode tocar dúas teclas ao mesmo tempo, o cal provoca graves retrasos froito de ter que borrar as letras accidentalmente inseridas no texto e escribir as correctas de novo, ademais do pertinente taco. Iso aumenta a produtividade: en caso de emerxencia, corte as poutas, rapas.