description

6.2.07

A política da subvención

-Buenos días, política lingüística?

-Si, aquí é. Bo día.

-Quería saber si por ponerle el nombre a un hijo en gallego dan una subvención.

-Pois non señor, non hai ningún tipo de axuda para iso.

-Está seguro? Porque yo oí que desde hace tiempo política lingüística da subvención por ponerle el nombre a los niños en gallego.

-Pois a persoa que llo dixo está errada. Non hai ese tipo de axudas, nin as houbo en ningún momento. O que si hai son axudas ás empresas para promocionar actividades en galego nas que se inclúe o nome da empresa pero, loxicamente poñerlle o nome en galego aos nenos non forma parte destas axudas.

-Pues quien me lo dijo lo sabe en primera persona y le dieron me parece que unos 400 euros.

-Pódolle confirmar que nin esa persoa nin ningunha outra recibiron cartos de política lingüística por poñerlle o nome en galego a un neno.

-Pues me cuesta creer que la persona que me lo dijo me mintiese pero de todas maneras me parece que sería una forma muy buena de promocionar el gallego.

-Pois dígolle que non é a primeira persoa que fai esta pregunta. Máis xente coma vostede está interesada en recibir cartos por poñerlle o nome en galego ao seu fillo ou filla. De todos xeitos, si vostede segue interesado en buscar un nome en galego, política lingüística ten unha sección de asesoramento lingüístico que lle podería axudar a buscar o nome que máis lle guste para o seu fillo.

-Bueno, yo estaba interesado en la subvención pero si no la hay ya le ponemos otro nombre. Muchas gracias. Buenos días.

12 comentários:

Anónimo disse...

No meu caso particular decateime por poñerlle un nome en éuscara ó meu vástago para facerme coa subvención do goberno vasco... pero se a Xunta da axudas de 400 euros, comprométome a bautizar de novo á criatura e poñerlle Lois Xesús.

moucho branco disse...

ale, ese pragmatismo comprometido, si señor... perdoade, que vou vomitar...

xorna disse...

isto é de verdade????

A pirámide disse...

A risa é cando te imaxinas ao neno ou nena coa imaxe corporativa da xunta tatuada nun brazo:
"Identidade persoal subvencionada pola Xunta de Galicia".
Pero si, xorna. É verídico. Verídico de todo.

Anónimo disse...

jajaja... Os meus chámanse Uxio e Iria e podo xurar que tampouco recibín cartos ningúns. No ano 86 na casa do concello de Touro tiveron que chamar a Santiago para preguntar se podían poñerlle o neno Uxio...a reposta foi que si, sempre que non fose un nome malsonante.
¡Menos mal que non tiña idea de porlle peido dos infernais cús senón...!

TXARI disse...

temos gentinha para dar e tomar, nom me extranha que o que máis exportemos sexa emighrantes...creo ese diálogo pq eu fun inquerido de semelhante geito...

Raposo disse...

Ai, pues mira que yo tenía pensado ponerle a mi hija Uxia, pero si no dan la subvención le voy a poner Naomi. Hala.

Anónimo disse...

que bo o post!!! que farta de rir jejeje hai xente pra todo... así vai o país!!!

Elianinha disse...

E se lle pos Vanessa, dancha na Coruña, que diso ocúpase "Sir Paco Vázquez".

X disse...

:D

Marinha de Allegue disse...

Non me extraña nada de nada o que aquí se conta. Por certo a subvención de Política lingüística coido que remataba o día 12 non si?.

Unha aperta.
:)

torredebabel disse...

vaia... non sei se rir ou chorar.