description

30.1.07

Escoitar música é un pracer... ás veces.

Isto vai dedicado a calquera que saiba aprezar a boa música. A diva do "bel canto" Florence Foster Jenkins deleitanos con esta aria divina gravada no Carneggie Hall en 1944. Ao longo da súa carreira esta millonaria artista tivo varios pianistas que a acompañaban (a maior parte baixo pseudónimo) e que demostraban a súa pericia na improvisación. Tendes máis información aquí

4 comentários:

Arale Norimaki disse...

Arghh!! Proénme os oídos!!
O triste é que de ter vivido no 2007 en troques do 1944 aínda tería publicado un disco éxito de ventas como a petarda de Paris Hilton. O que non fagan o ProTools e demáis argalladas tecnolóxicas...

moucho branco disse...

non me carga o arquivo, o cal non me sorprende, porque últimamente este blogue dame problemas para entrar e se me colga, onte xa non puiden comentar... o blogger e eu, que non nos levamos ben..

Seoman disse...

Por deus e esta canta ben, arrgggg.
E un casting para OT, Ou e a gañadora.

Dorvisou disse...

Im-pre-si-o-nan-te...
Eu recomendaríalle ao meu amigo Cesario Torres de Carbia, non lle defraudaría...¡Quédese co seu nome!