description

7.6.08

Ultracapricho

Hai algunhas entradas, contaba que estaba tolo pirdido por un trebelliño que se me facía moi chusco para isto de bloguear de repente cando les o carteliño de "Temos wifi" sen ter que levar o ombreiro partido co maletín do portátil dun lado para outro. O trebello chámase Asus Eee Pc pero non vou loar de novo as súas virtudes, senon contar as miñas experiencias.



Este é o ultraportátil (nome polo que son coñecidos estes aparatos, aínda que a min sóame a súperheroe de manga) que chegou ás miñas mans. Non peguei un chimpo cando me dixeron si o quería probar uns días por non revelar o meu "frikismo" estando de servizo, pero os meus ollos fixeron un zoom óptico raiando no dixital (vaia frase máis "geek" me saiu). Cheguei á casa e saqueino da mochila coma quen saca un pitiño da caixa. Como vedes, a alguén máis lle fixeron un zoom os ollos.


Cousa pequena, mi madriña. Pouco máis é que unha caixa dun DVD pero bastante robusto e moi lixeiro. Despois de asesorarme sindicalmente, podo dicir que a Lei de procedemento administrativo é máis pesada e bastante menos atractiva ondevaiparar (e non digamos esta edición comentada pola asesoría xurídica da xunta).


Mágoa que fose negro (a min gustábame branco) e que tivese windows xp (eu quería linux) e aínda así, o cacharriño ben vale para o que se precisa del. O teclado é diminuto pero, como calquera bo funcionario que se preze, son de dedo fino e afíxenme ao tamaño en pouco tempo.
A internet por cable, perfecta (con wifi non puiden probar), tiraba dignamente do office 2003 (moi ao meu pesar) e da cuestión multimedia (pelis e música), non houbo queixa. Iso si, o que pense editar vídeo ou crear imaxes vectoriais, que se vaia esquecendo porque todo ten un límite.


O único mal detalle que lle vexo é a pantalla. É cativa de máis, e iso significa que na rede e noutras aplicacións tes que usar todo o tempo a barra lateral. Unha pantalla un par de pulgadas máis grande e unha resolución maior e non tería que pensar moito para mercar un. E debemos de ser ben de xente matinando no mesmo porque, para o outono xa poderemos ver algo así por aquí. Ese e algúns máis coma ese (HP, Acer, MSI, Dell, ...), e todos por menos do que custa a vídeoconsola negra. Tendes de tempo dous silenzos administrativos para portarvos ben e ir pensando nos reis, que por cacharriños destes, ides ter ben onde escoller.

7 comentários:

Ghanito disse...

Se o orzamento e a comprensión marital o permiten gutaríame mercar tamén un UMPC deses.
Naturalmente tamén con algún GNU/Linux, para que pagar mais por algo pior?

Marinha de Allegue disse...

A disfrutar do ultracapricho!!!.

Beijosssssssss
:)

Anónimo disse...

Marcharon de vacacións os/as habitantes da Pirámide?

Marinha de Allegue disse...

Cando voltades???.

Beijinhossss
;)

Anónimo disse...

así que no Festigal e sen avisar...

piramide disse...

Xa nós sentiamos unha presenza, coma un espíritu chuzarrasqueiro no ar. Pero nada chica, Víraste de costas e pérdeste un encontro entrañábel.De todas maneiras temos que confesar que so te recoñeceriamos a ti.
Menos mal que saímos na reportaxe fotográfica do Ghanito. Iso xa nos reconforta un pouco.

Prosciutto Mourente disse...

Um abraço! ;)