description

6.2.08

Amores tecnolóxicos.


Confeso que estou tolo pirdido por conseguir un trebello destes. Xa sei dalgún descreído que non lle ve o mérito. Eu si que llo vexo. Un miniportátil de menos dun quilo do tamaño dun reprodutor de DVD pórtatil (7") con capacidade para conectarse á Rede por cable ou wifi, con cámara web, tres USB 2.0 e un lector de tarxetas SD entre outras lindezas. Con sistema operativo linux, open-office, firefox, thunderbird, reprodutor de calquera arquivo multimedia e outras marabillas que agora se me escapan pero que podedes atopar aquí e ao tan desorbitado prezo de 299 € (non lle falta ningún número, non).
Non vou ser eu quen lle quite as pegas que ten. Un disco duro tan rápido coma pequeno (entre 2 e 8 GB) e un teclado e pantalla non aptos para dedos gordos ou olliños pouco espilidos. Pero non me negaredes que levar un cacharriño destes na mochila coma quen leva a Lei de procedemento administrativo en versión comentada pola asesoría xurídica da xunta e sacalo en calquera estación de buses, aeroporto, cafetería de facultade ou CGAI e poñerse a remexer pola rede adiante non é levar o mundo colgado no ombreiro.
O peor disto é que está fodido atopar un. Aquí non saben cando chegará con certeza e en Portugal seica para abril. Así que, si tendes moita ansia, non toca outra que ir molestando ás amistades viaxeiras polo mundo adiante (que tamén elas terán o seu para atopalo) e ver si te queren dabondo como para pasar a metade da súa estancia ondequeiraquesexa na procura de cousa tan escollida. Tamén se pode pedir a Taiwán ou en tendas on-line pero eu de loterías non entendo.
Mentras tanto, botádelle un ollo ao trebello que está a revolucionar o mercado tecnolóxico, mesmo poñéndose chulito diante do iPhone.


Asus Eee PC from Dynamism on Vimeo.

7 comentários:

opaco disse...

Agardamos review tan pronto chegue á pirámide :D
...e non é tanto como xogar á lotería pedilo por aí fóra. Anímese e logo nos conta :9

A pirámide disse...

Amigo opaco. Xa non é que lle fagamos un test en canto lle deamos rexistro de entrada (a non ser que chegue fóra de prazo). É que lle imos facer un desempaquetamento en toda regra do que quedará constancia audiovisual no tubo (ou quedará moi geek para ser funcionari@s?).
Respecto á xogar á lotería pedíndoo fóra, hai de todo. Dende o que o pediu a Taiwan en veulle en papel de regalo con felicitación de Nadal e regalo do adaptador de corrente ata quen pagou 400 € por unha embalaxe mal feita dun portátil para nenos co teclado en chinés. E no eBay non hai quen o consiga polos 300 € que, ao final é o que ten mérito.

carraboujo disse...

Se nós imos a Taiwán, podedes estar ben seguros de que vos imos traer un só pará vós.
Ai, eso si!!!

A pirámide disse...

Ai, carrabouxinhas. Cantos cariños nos dades e nós sen merecelo. Se imos nós antes a Taiwán, que queredes que vos traiamos. Pedide, pedide.

carraboujo disse...

Ai, riquiñ@s, máis merecedes!!!!Eran taiwaneses os tamagotchi?
Fíxate que nos facía ilusión ter un, agora que xa pasaron de moda hai séculos!!!!
Se vos cadra, eh?, só se vos cadra, que non queremos que vaiades a pé feito.

A pirámide disse...

Non hai problema. Malo será que non haxa consellería, empresa pública, instituto ou consorcio que non encargara uns de promoción.
Algunha cor en especial?

Anónimo disse...

Rosa, rosa...