Descuberta musical
Xa temos dito algunha vez que si o persoal xunteiro soubese deste noso acubillo, invadiríalle unha mestura de sorpresa, incredulidade, desinterese e indiferencia. É por iso que a endogamia administrativa non tería o menor sentido. Para iso están os boletíns sindicais. Temos que recoñecer que foi a nosa amiga Pícara de Allegue a que nos achegou a este mundo blogomilleiro do que aprendemos tanto e que tanto nos descobre.
Negámonos a admitilo pero a pirámide toda ten xa unha idade e o bloguerío non nos anima moito a pensar o contrario. Moita xente nova anda por estes mundos 2.0 e nós imos enganchando. Moi torpemente pero imos enganchando.
Exemplo do que estamos a dicir: a música. Somos fill@s dos oitenta (algúns de antes) e polo que respecta a música galega cústanos moito separar a música en galego da música tradicional galega.
E chega o blogomillo e ábrenos as orellas e descóbrenos todo un mundo musical en galego, feito por xente nova que quere facer a súa propia música en galego(e vaia si a fai), a parte do tradicional, ao que damos o visto e prace de mil amores. The homens, Fanny & Alexander, Loretta Martin, Arredemo e poderiamos seguir enumerando grupos que fomos escoitando grazas ao bloguerío. Grazas a todos eles temos as orellas e a mente un pouco máis aberta.
A mostra do botón vai ser o Projecto Mourente. Grupo que nos sorprendeu moi gratamente. E o directo xa ben o vedes neste vídeo tubo.
Se cadra, escoitades mellor a versión gravada
boomp3.com
Non temos máis que dicir que imos facer unha solicitude formal en vicepresidencia para que todos estes grupos pasen a formar parte do fío musical dos edificos administrativos (nada de copes, seres, ondas, nin puntos).
3 comentários:
A min pasoume exactamente o mesmo :D
Bom, eu vivim na minha juventude o emerger da música digamos "moderna" em galego, de facto o meu irmao foi baixista de Meninh@s da Rua, mas inclusso bastante antes pola zona da Corunha, e sobretudo polas de Compostela e Vigo havia já bandas que cantavam em galego. Mas é certo que ao corpo social destinatário do trabalho desta gente lhe custou assomir esta realidade como algo mais do que anecdótica. Eu nom sei se o novo governo confia muito neste pessoal...dá-me que nom...
Fermoso post, amigos da pirámide. A verdade é que despois dun tempo de (até certo punto) obrigada auséncia, reatoparme coa pirámide reconcíliame co blogomillo mais familiar para min.
Eu creo que a todos nos gusta escoitar música no noso idioma, e nese sentido non deberiámos quedarnos nun único xénero. A música tradicional galega é fundamental, pero un país normalizado debe producir e ser competitivo en calquera universo musical. Nese sentido aínda falta moitísmo por andar, e seguimos con graves carencias na producción en língua própria de fundamentais xéneros musicais, pero tempo ao tempo.
Un saúdo!
Enviar um comentário