description

10.8.07

Repartindo funcionarios.

Segundo Xeración Nós, tocamos a un funcionario por cada vinte galegos e galegas. Sete horas e media de xornada por funcionario (un supoñer), tocan a vintedous minutos e medio para cada cidadán ao día. A normativa vixente di que temos vinte minutos de descanso por xornada, o que fan un café con cada un deles (polo do contacto directo, achegar a administración ao cidadán e tal) e sóbranos un, que lle imos chamar "vermú". Aínda así quedan outros cinco minutos para redondear de todo. Eses son os máis estresantes. Vinte cafés e un vermú non lle sentan ben a ninguén.
Por suposto, estamos a brincar. Ninguén aguanta moitos días tomando tantos cafés e vermús, pero seguro que hai quen o intenta.
Lei da Pirámide: o número de galegos e galegas que lle toca a cada funcionario é proporcional ao número de xefes e xefas que mandan nel.

4 comentários:

Elianinha disse...

Que certa é a lei da pirámide. Eu engadiría que ademais, tende á proporcionalidade inversa: a menor número de galegos, maior cantidade de funcionarios.
Saúde!

moucho branco disse...

pois digo eu que habendo tantos porque estivera eu tamén non pasaba nada, non é?... digo, vaia

Micas disse...

:))

Aperta e bo fim de semana

Anónimo disse...

Logo non me cadra que cando non hai máis remedio que solicitar o favor de que un funcionario da admon. pública che conceda un minuto de atención, non haxa ninguén dispoñible. Será que cadra sempre no minuto vermú ou no minuto café ou nos cinco que redondean?
Ummmmmmm, non me saen as contas.
No dos xefes non teño dúbida, hai máis que persoas nas que mandar, pero, claro, a eses nin che se ocorre preguntar.