description

18.7.07

Galego e ingles.

"Pues la verdad es que no sé ni para qué le enseñan el gallego a los niños si con el que aprenden en casa ya les llega. Además, si van a trabajar fuera no les va a servir de nada. Es mejor que aprendan el castellano o el inglés, que les va a hacer más falta."

"E non será mellor que aprendan a lingua dos seus pais e dos seus avós e que saiban escribila e lela para poder manter todo o tesouro que garda? Quen descoñece a lingua do seu país é un estranxeiro na súa propia terra."

E así comezou unha desputa máis sobre o galego. O extraordinario desta, é que a castelánfalante lle estaba a facer as ingles á galegofalante. Quen dixo medo?

8 comentários:

A rapaza do arco disse...

Non acabo de entender que problema hai en que aprendan as tres linguas e aínda máis. É que hai xente que lle metes demasiado na cabeza e estóuralle.
Se me sacan ese tema na perruquería, e na postura que supoño que hai que ter para que che fagan iso, marcho sen pagar... é que só entendo os números se mos din en galego :D

X disse...

Hahaha
Boísimo o final, aínda que para facer as ingles só necesite boa técnica :D

X disse...

Hahaha
Boísimo o final, aínda que para facer as ingles só necesite boa técnica :D

osondaxordeira disse...

acertadísima esta entrada
se as palabras puidesen ser arrincadas das ingles non habería ser tan sinxelo non falalas no idioma propio. coma o conto do sacho

un saúdo e vémonos en Godot

ak disse...

O que se deberia facer nom so seria ensinar galego espanhol ingles, deberiase ensinar mais linguas cantas mais millor dende cando aprender a comunicart estorba?

Nemeth disse...

te somos asín... :)

que carallo de problema habería en aprender todo. cando daba inglés na carreira resultábame máis doado que aos compañeiros (canarios) que só tiñan a referencia do castelán.

outra cousa é o da depilación das íngoas. lémbrame a unha semellante entre unha dentista e a súa auxiliar. Menos mal que non puiden falar por motivos obvios...

apertas

moucho branco disse...

Eu afortunadamente xa hai tempo que non dou con ninguén que me expoña algo así... en caso contrario facíalle as ingles eu...

torredebabel disse...

que triste que é a ignorancia. Qué triste a alienación...