description

30.8.07

O VECIÑO CANTANTE

Agora que volvemos ao cole hai que ir falando de cousas serias. Velaí un video de "psycho singing cat", o famoso gato de Miami que imita a Julio Iglesias. Non pasa de ser mera coincidencia o feito de que o michiño sexa veciño do astro galego e que entre silandeiro, todas as mañás, a comerlle o almorzo mentres aquel canta o "Güendolin" na ducha. Persoalmente non son quen de distinguir se é Julito que se está a aclarar a gorxa ou se é o micho que entoa a canción entre grolo e grolo de café. A ver que vos parece a vós.
(Nota: pór cascos ou altofalantes)

6 comentários:

FrancisMR disse...

Non sei se imita ou non, o que está é desquiciado.
Alá ten que haber, seguro, psiquiatras caninos, e a este bicho halle vir ben un.
Vai de gatos esta volta ao cole!!!!

Anónimo disse...

nom sei a quem preferirei se o gato ou o xulio, eu tapaballe a boca os dous

Arale Norimaki disse...

Redios! Que alghen lle bote un pouco de valium misturado co whiskas, que dolor de parella habia de ser...

Unknown disse...

Ese ten a rabia ou algo pior.
Ademais está ben mantido.

Anónimo disse...

Pirámide, Pirámide, onde vai ese post de loa ao tevabuena?
Que era bromiña, oh!, a nós o que nos gusta é provocar, non disgustar, así que agardamos polo voso enxeño..
Tevabuena.

Anónimo disse...

Pirámide, un día e outro día visito esta páxina coa desexo de atopar un novo post, mais volvo pechala con disgusto ao non ter topado ningunha nova mostra do enxeño co que escriben os membros da redacción desa revista choqueiro-administrativa.
Están vostedes saturados, hastiados, fartos ou cansos?
Non perdo a esperanza...