description

26.6.07

Seguimos inapetentes

Que lle imos facer. Ultimamente gustamos máis do voyeurismo blogomilleiro. Ata comentamos menos. E non é que teñamos unha excesiva e inesperada carga de traballo, nin compromisos sociais ineludibles, nin máis labores domésticas a facer. Simplemente non nos sae. E para escribir por compromiso, pois case que non (xa nos chega ben coa inventiva administrativa propia das nosas funcións).
Supoñemos que a todo o mundo lle chegou nalgún momento unha época de intencionado pasotismo, de ver as dinámicas uebdouspuntocero dende dun punto estático. Como cando estás parado nun paso de peóns vendo pasar os coches aburridamente agardando a que o macaco do chapeu se poña verde. Pois o noso macaco tarda en poñerse verde e seguimos a ver pasar os coches dun lado para outro.
Na Pirámide imos ter proximamente un cónclave interno (que xa había tempo que non tiñamos diso) ao que denominamos oficialmente "picnic" e no que falaremos de síntomas, diagnóstico e tratamento. Vai chegar o día e non tratamos nada disto, ocupados como imos estar en dar boa conta das viandas para o efecto e dun tiramisú do país que nunca dá para repetir. O que isto escribe vai intentar sacar o tema (antes do tiramisú por suposto) sabendo con antelación que o máis bonito que me van chamar é aburrido e reventapicnics, o que en linguaxe asemblearia piramidal quere dicir que cadaquén, dentro da súa sabedoría, faga o que lle pete.
A ansia renacentista da Pirámide (creo que nunca pasará de ansia debido ás limitacións que o exercicio dos nosos cargos administrativos nos impón) tirará de nós aínda que sexa por un barranco e malo será que no accidente algún dos golpes na cabeza non nos faga ver novas posibilidades, novos puntos de vista e novos acontecementos que nos arrinquen da inapetencia.
E si todo isto non funciona, non sei si haberá polo aíBai algo de viagra específica para manter unhas relacións blogomilleiras plenas (a poder ser de esnifar que a min as pastillas escarállanme o estómago).

3 comentários:

moucho branco disse...

hai unha certa apatía estival, penso eu... os estidantes estiveron de exames, comezan as vacacións, a xente viaxa... todo se relaxa un pouco e a inactividade se contaxia. A min pásame igual, anque teño que dicer na miña defensa que últimamente ando moi liado... non teño vacacións polo momento, que lle imos facer, ;)

besbe disse...

teño fariña de sobra na casa para darvos a esnifar, outra cousa é que faga o efecto desexado, ale ale espabilando que é xerundio!

FrancisMR disse...

Éche mal común, Pirámide. Agora que se achegan as vacacións, estamos na liña de saída, xa dispost@s para marchar correndo.
No tevabuena pásanos algo así, pero na viagra non pensaramos, debe ser porque o sector feminino é maioritario.
Non preocuparse, en setembro imos botar por fóra, o verán é máis propicio para a festa e a promiscuidade e o anecdotario resultante pode dar moito de si.
Ánimo!!!