description

20.3.07

ILPF. Imposto sobre a lectura das persoas físicas.

Boas.

Ola.

Estaba interesado nun libro. Pódeme axudar.

Por suposto que si. Dígame que libro é.

Non é un libro en concreto. Gústanme as novelas históricas.

Entendo. As novelas históricas están no corredor da dereita, no expositor do fondo. Bótelle un ollo. Tamén pode consultar os títulos na máquina de fóra, si lle é máis cómodo.

De momento vou mirar nos andeis. Despois xa verei. Grazas.

...

Xa estou aquí de novo. Só unha preguntiña. Quería levar esta novela, pero só é unha copia da portada. Como é iso?

Nos expositores só temos copias das portadas para que a xente saiba os fondos bibliográficos que temos. Despois pregúntannos se está dispoñible ou non, e si o está, dámoslle o libro orixinal. Cada vez hai máis xente que consulta na máquina. Élles máis cómodo porque poden escoller por temáticas, por novidades ou por orde alfabética e saben si está dispoñible. Quere que lle confirme si pode levar este libro ou está prestado?

Grazas.

...

Está dispoñible. Lévao entón?

Si, por favor.

Ten ficha aquí?

Non é a primeira vez que veño. Que teño que facer?

Necesito o seu DNI para abrir unha ficha. Non precisa ningún tipo de carné. Con darnos o seu nome e apelidos nós localizamos a súa ficha e apuntamos os libros que leva. Os prazos para a devolución dos libros varían en función da novidade do libro. Os libros máis vellos teñen máis praz de devolución. Está interesado en ter unha tarxeta para usar a máquina de consulta?

Non o sei. Que vantaxes ten?

A parte de ser máis cómoda a consulta, pode retirar e devolver os libros dende a mesma máquina polo que non está suxeito aos horarios de apertura da biblioteca. Vostede ten un número segredo polo que a máquina o identifica e cárgalle o libro na súa ficha. É coma un caixeiro automático. Tamén os prazos de devolución son máis flexibles.

Xa vexo. Pois case mellor saco unha, non?

Practicamente todos os que teñen ficha aquí a teñen. Fágolla nun momentiño. Cantos cartos quere ingresar para facer os pagos?

Perdón?

Que cantos euros quere ingresar na tarxeta para que a máquina os vaia descontando cando se leve un libro?

Pero isto non é unha biblioteca pública?

É evidente que si.

E aquí préstanse os libros?

Si.

E como é que teño que pagar por levar un libro prestado dunha biblioteca pública? Non o entendo.

Hai unha directiva europea pola que todos os países membros deben establecer unha normativa que obriga ás bibliotecas que permitan o préstamo de libros a cobrar unha cantidade aos usuarios en concepto de cánon por dereitos de propiedade intelectual.

Pero como é posible? Logo deixa de ser un préstamo. É un aluguer.

Entendeuno perfectamente. Vai levar o libro?

Case non. Vou ver si o consigo no top manta.


QUEREMOS BIBLIOTECAS,
NON BIBLIOCLUBS


Máis información aquí e aquí

9 comentários:

Anónimo disse...

é vergonzoso

Elianinha disse...

Indignante, hai tempo q teño oído disto, pero que simplemente se baralle a posibilidade é incrible. Panda de parvos que hai por aí. Que deixen de privatizar a cultura!

FrancisMR disse...

Era o que faltaba!!!!! E logo seguirán queixándose de que a xente le pouco!!!
Moito lle gusta a palabriña canon, que vén sendo igual a moitos, moitos €€€€€€€€€€€€€€€€€€€€€€€€€€...

moucho branco disse...

Recoñezo que son mais usuario do prestamo de amigo que das bibliotecas públicas, pero iso non quita de que considere case sagrado o conservar as enormes ventaxas das bibliotecas tradicionais, que polo visto fan augas... o liberalismo, que todo o toca.

A pirámide disse...

Certo que é vergonzoso (Randeeira), indignante (Elianinha) e o que faltaba (Carraboujo).
Moucho Branco: eu tampouco son moito de bibliotecas (o meu cupo de por vida remateino na biblioteca da Facultade de Historia) pero creo eu que non se trata de asiduidade senón de dereito a cultura de balde.
Trátase dun imposto indiscriminado que vai dar a unha entidade privada. Eu podería considerar pagar ese euro por préstamo se con iso mellorara a rede de bibliotecas públicas e os seus fondos bibliográficos pero resulta que é para o enriquecemento duns poucos escritores de lectura obrigatoria no ensino (a maioría dos libros das bibliotecas permanecen no esquecemento ou son de uso esporádico).
Pasará o cos libros o mesmo que coa música? Pago de canon por soporte que poida reproducir un libro? Acabáronse as lecturas públicas? Os clubs de lectura? Incremento do prezo das entradas aos teatros? Pagarán un cánon as campañas de animación a lectura? Que pasará coas bibliotecas escolares? Cobraránlle o euro aos alumnos? Os libros de texto gratuítos para os alumnos de primaria e secundaria están en réxime de préstamo. Cobraránlles tamén o euro?
O que teño claro é que de ser así a cousa, a mula estará cheíña de pedeefes.

A Raíña Vermella disse...

A min tamén me parece vergonzoso, pero é que xa mo parece de por si o concepto de "propiedade intelectual" segundo parecen entendelo a SGAE e mafias polo estilo. O seguinte será multarnos por contarlle a alguén de que vai un libroou unha peli!

Son Unha Xoaniña disse...

Bueno, non o podo creer, xa está ben de toladas, coa afición que hai hoxe pola lectura..., aínda lle van a poñer máis atrancos.
Pois así que nos poñan o canon ese que seica van poñer por cada ordenador, impresora, equipo de música, etc... vamos ter que escondelos nos desváns, en fin que temos un mundo cada vez máis sin sentido.

Anónimo disse...

parece de cencia ficcion, xa oíra algo mais pensei que era umha ideia sem futuro, semella que vai em serio.E umha pena pq eram os derradeiros oasis contra o consumismo.

noraboa polo blog, espero que nom te moleste que o recomende e te linqe

torredebabel disse...

teño logo de ler este post o mesmo malestar do día que atopei a nova nos xornais. É espantoso o que o neoliberalismo fai coa cultura.