description

18.1.07

A VER, QUE PASA COAS BICIS?


Semos uns poucos bichos raros os que, no medio do inverno, dásenos por movernos en bici. E non é por dar unhas reviravoltas pola citi, que isto no é Amsterdam. E que se botas contas, a pé non te chega o tempo a nada e en coche, aínda menos, e asemade acabas cabreado. E por Deus, non me veñades con iso de que Santiago é unha aldea; probade a movervos andando (por exemplo) dende a Xunta ao estadio universitario, logo ao centro e, de postre, á Area Central. En bici: pouco máis de media hora; andando: hora e media; en coche: aseghún o que axude o tránsito. Para resumirmos, Santiago xa non é unha aldea e cumpriría que se fosen habilitando vías alternativas para bicis. Claro que, pola marcha que leva a cousa, iso entra no apartado da ciencia-ficción. Iso si, no medio deste deserto de propósitos veño de albiscar algúns agromos de esperanza: comezan a medrar, coma cogumelos, os aparcadoiros de bicicletas. ¿Por que tanto aparcadoiro e tan pouco (ningún) carril-bici? Ata un tonto coma min pode dar coa resposta: porque atornillar catro ferros ao chán non supón obras nin investimentos significativos. Total ao final, o que importa é a intención.

Así están as cousas: vou pisando o acelerador (léase piñón longo) para chegar a tempo a escola de idiomas, que non está precisamente céntrica, e cando chego... toma! acaban de instalar outro aparcadoiro. Pois mira, eu sigo atando a bici á barra das escaleiras que é máis doado e non se molla tanto a bici. E non son o único. Polo menos que lle instalaran unha marquesiña... Que se metan o aparcadoiro polo Q.

E xa postos, se me deixades esbardallar un pouquiño máis, e sen que veña a conto, vou facer unha somera relación de cousas polas que os ciclistas tentan saír dos arcéns das estradas, aínda a risco de que che deixen xordo a pitidos ou te succione un camión a 100 km/h: baches, quitamedos, animais mortos, moreas de gravilla, restos de coches, cristais, lixo, coches mal aparcados, peóns, sumidoiros, maleza, sinais mal ubicados, obras, desaugues, etc. etc. Pior aínda, cando de súpeto desaparece o arcén porque entras nun paso estreito, nun acceso a autoestrada ou unha macro-rotonda. Asegúrovos que é unha experiencia acojonante. Iso sí o que gañades en adrenalina o aforrades en modernas atraccións de feira.

Total: as bicis son para o verán. Por sorte só quedan cinco mesiños para o San Xoán...

6 comentários:

Anónimo disse...

A min que non vos fagan carril-bici paréceme ben. Despois andades coma tolos. E si non queres que se che molle a bici métea nun párking. Xuntádesvos uns cuantos para ocupar unha praza e despois pagades a escote.

Anónimo disse...

Que o movemento polas bicis libres na cidade está a medrar demostrouno onte Quintana en Monte Piolín incluíndo as propostas da Pirámide no relatorio do novo estatuto. Magoa que non superara a proba do censor maior do reino. Un novo estatuto traería consigo millóns de kilómetros de carrís bici.

moucho branco disse...

pardiez!, que vergóña recoñecer que hai polo menos 15 anos que non monto núnha bicicleta.... :(

Raposo disse...

Oín dicir que en Vigo o concello está pensando en facer algúns carrils-bici para que a xente se despraze pola cidade nese medio de transporte e non colla tanto o coche. E o que se ganaría no tema da contaminación. A ver si vai arriba o asunto.

Micas disse...

Aqui na Alemanha, a minha cidade é conhecida pela cidade das bicicletas, a cidade está moito bem preparada para elas, temos os carril-bici, semaforos e em muitos casos os ciclistas tem prioridade sob os automobilistas. É uma cidade limpa, quase sem poluição automóvel, onde só se ouvem as bicicletas para além de os habitantes pouparem tamben fazem exercicio bom para a saúde.Não sei como é na Galicia, mas no minho e em todo Portugal e quase uma aventura andar de bicicleta, não está de todo preparado e não há respeito pelos ciclistas. Agora que se fala tanto no buraco do ozono e na obesidade era bom que os países da europa pensassem mais nstes meios de locomoção alternativa.
Unha aperta

A pirámide disse...

Para "micas": debo dicirche que aquí, na Galiza, non hai moito interese polo tema do ciclismo. Ben, isto hai que aclaralo: si que hai interese polo ciclismo como deporte, de feito temos grandes ciclistas na élite, pero non polo ciclismo entendido como forma de vida. Non hai ningún tipo de promoción institucional. Mesmo en Santiago non hai nin 1 metro de carril bici anque, iso si, cada vez que inauguran unha nova circunvalación dáselles por organizar un evento ciclista en plan festeiro. Tamén se celebra o día da bicicleta con grandes xuntanzas "en familia", e hai un grupo que se moviliza os mércores á noitiña para percorrer as rúas da cidade. Pero aí acaba todo. O resto é xogarte a vida en solitario, no medio dun mar de coches (entre os que sempre hai algún tolo do volante). As rúas vólvense especialmente perigosas á noite, e máis se chove. Están mal iluminadas e o trazado está pensado só para coches (con subidas e reviravoltas que atentan contra toda lóxica). Para máis "inri", está a famosa moda dos adoquíns, que nalgúns casos levan instalados máis de 50 anos e só son apropiados para veículos 4x4. Non é raro que, ao estaren tan gastados, esvare a roda e acabes co cú no chan. En fin, igualiño que na Alemaña, non?