description

22.12.06

Hoxe pode ser un gran día

Hoxe a alguén vaille tocar a lotería. E non o digo só polo do sorteo dos millóns. Hoxe é o día do Orgasmo pola Paz . Para algunha xente celebralo xa vai ser unha lotería. Nos dous casos (lotería e orgasmo) coidamos que ronda unha sensación de impotencia e frustración si non se obteñen os resultados esperados. Para outra xente, e tamén nos dous casos, pódese aplicar a cantiga "... unha perna tapa a outra".
Para os dous casos tamén serve unha reflexión: o día despois. Para un dos casos,
home de areia ilustra moi ben o que estamos a pensar. Para o outro, moita xente xa está a buscar o neno.
Sorte a todas e a todos en calquera dos casos.

3 comentários:

a randeeira disse...

Na lotaría xa me tocaron 130.000 euros (un pouco menos do que xogaba). O do orgasmo agardaréi á noite e xa vos contarei... dous minutos despois.

moucho branco disse...

a min a lotería non me tocou... mais que nada porque non tiña sequera unha mísera participaciónrjicw... bueno, pase vostede un bó nadal, :D

Marinha de Allegue disse...

Boas Festas cheas de SAUDE e moito AMOR!!!.

Unha apertaaaa.
;)