description

24.10.06

Curioso método de avaliación psicolóxica

Contase pola Xunta que certo condutor de altos cargos aplica un curioso método para saber si o privilexiado pasaxeiro que se lle encomenda é un testán ou un desconfiado.
Si a viaxe é longa e cadra co comezo ou remate do día non é disparatado que o alto cargo en cuestión bote unha soneca. É nese momento que o condutor aproveita para coller as curvas cunha certa brusquedade o que provoca que o pasaxeiro leve casualmente un jolpecho na cachola contra o cristal. Isto fai que a dúbida se resolva. Si o xefe ou xefa desperta é un desconfiado. Si segue a durmir é unha cabeza dura.

5 comentários:

moucho branco disse...

Que cousas!, nunca tal oíra, ;D

un saúdo.

Anónimo disse...

Para canto da a psicoloxía!

Anónimo disse...

O libro Paris, mon amour merqueino nun Vips. Penso que hay un en Coruña (que non sei se ten tenda), pero non sei de ningún en Compostela.

A pirámide disse...

moitas grazas pola información Manuel, teño unha veciña que é da Coruña e a ver se me fai o favor.

Anónimo disse...

Menudo tomate!!!.

Unha aperta grande.
:)