description

15.5.07

Que non tés Uindous? Ti es parvo

Non vou negar que isto da foto vai soar a chino (ou a zulú) á maior parte dos funcionarios e funcionarias. Mesmo eu descoñecía tal cousa haberá un ano. Pero éche o futuro. Por moito que Microchof manipule, desacredite, suborne ou contubernie, isto é o futuro.
Para os que lle soe a chino ou a zulú, trátase dun sistema operativo para PC que se chama Ubuntu. Coma o Uindous pero máis barato. Tan barato que o pides e mándancho por correo de balde. Pero non de balde os gastos de envío, senón de balde todo. Bota contas. Tés Uindous XP no teu ordenador (se cadra, ata o tés legal). Falan por aí do novo sistema Uindous Vista (sobre todo nos folletos das tendas de ordenadores que meten por entre as follas dos xornais dos domingos). Moi bonito pero hai que mercar un ordenador novo porque os vellos (de hai un ano xa son vellos) non poden con el. Ou mercas o ordenador novo ou actualizas o XP para Vista. Douscentos e pico de euros a versión máis barata. E si queres que as pantalliñas se vexan en plan peliculero, trescentos e pico. Casi compras un ordenador novo. E qué fas co vello?
Ubuntu é o sistema operativo con base Linux máis de moda e que máis lle está comendo as papas a Microchof.

Eló?
Pois resulta que este Ubuntu ten un aquel co Uindous na parte gráfica, na facilidade de instalación, nos recursos, nas actualizacións... Só ten unhas pegas de nada. É de balde, tés unha farta de programas que fan o mesmo ou mellor as cousas que queres facer (texto, follas de cálculo, bases de datos, presentacións, música, pelis, descargas, vídeos, fotos, deseño, redes, xogos...) tamén de balde, é moito máis seguro e está traducido ao galego. Mesmo fabricantes de ordenadores coma Dell van poñer Ubuntu nos seus ordenadores (a petición dos clientes) por un prezo considerablemente máis barato.

Pero como é de balde, seguro que non é tan bo coma Uindous nin as pantalliñas andan bailando en escorzo nin nada diso, a que non?
Pois si, fan todo iso e moito mellor e non che fai falta mercar un ordenador novo. E non é que o diga eu, é que o podedes ver vós.

E por que vou borrar o meu Uindous de paquete ou de contrabando?
E quen che dixo que tés que borrar nada? Podes probar como vai dende o cd, sin instalar nada e si non che gusta, quitas o cd e queda todo como estaba. Tamén podes ter instaladas as dúas cousas: Uindous e Ubuntu. Cando arrancas, escolles co que queres andar.

Eló, si o Ubuntu ese é tan chachi, como é que a Xunta anda negociando con Microchof para meter máis cousas deles na administración, no ensino público, na sanidade, pagando unha pasta en licenzas despois de que o consello da Xunta aprobase un plan de fomento do software libre?
É que como os funcionarios somos tan parviños...

P.D.: si queredes un, pedídeo porque este vai para Touriño.

14 comentários:

Anónimo disse...

parabens, e benvido a casa!

ghanito disse...

Nin sequera hai que pedir o CD, podes descargalo da rede e copiar o iso nun CD na casa. É mais rápido.
Ainda que hai que pagar o CD e non tes os debuxos. ;-)
Eu son un autentico zoupas e levo xa meses co Ubuntu e non me arrepinto nada.

ak disse...

mentres o Gates siga a untar a to dios nom hai nada que facer

besbellinha disse...

esto si que é funcionariado público, explicando as cousas como debe ser, convencéstesme :) gracias.

Anónimo disse...

Aviso para navegantes: quen poida librarse do Windows vista, que o faga. É unha trampullada e non che permite descargar un montón de cousas (música, pelis, etc) nin tampouco descargar moitos programas no ordenata. Así que haberá que provar co sistema swahili este.

franetico disse...

gústame o obuntu ese, probeino no ordenata e non se cala tanto como a fiestra do carallo. saudos.

besbellinha disse...

repito, sodes un soles, que viva o funcionariado polivalente do blogomillo, sempre ao noso servicio. :) bicos!

Rifo I de Zeuquirne disse...

Eu tamén teño o ubunto, pero inda non empecei a traballar con él, pensei que se cadra me había levar tempo dominar o asunto e como non o teño (o tempo), pois estaba esperando a ver...

XM Carreira: Caixa do Mendinho disse...

Ubuntu é a caña. Vista é spam.

Nemeth disse...

nada, haberá que probar co ubuntu este... mágoa que no pc do traballo non poda, pero metereino nun que teño meu pra desguace a ver como furrula...

apertas

moucho branco disse...

A min me mola o windows, porque se colga, toca o carallo, desespera... iso é bó, quen non quere facer iso na vida?. O que pasa é que temos envexa a Bill, porque se fai asquerosamente rico con algo que funciona mal, e iso é talento, si señor.

carraboujo disse...

Ei, Pirámide, hai tempo que non escribides. Vai todo ben?

cerrepiache disse...

Nós estamos con carraboujo. Esta Pirámide hai tempo que non nos deleita administrativamente. Non sei. Unha compulsa ou un convenio. Calquera cousa que nos anime a achegarnos a esta xanela virtual.

O procurador de sonhos disse...

???