description

11.4.07

A Pirámide medra.

Nun comentario da entrada mmmmmmmusical que este blog fixo, deixaba patente Elianinha a súa sorpresa pola vida sexual dos funcionari@s aos que imaxinaba asexuais de oficio. Non somos amig@s de categorizar (que de todo haberá), pero cónstanos que na Pirámide temos vida sexual e, como podedes ver na foto, algunha pode testemuñalo con probas contundentes. Está proba contundente chámase David e naceu esta madrugada. Todo saíu ben e a nosa compañeira descansa feliz xunto á pequena proba contundente e ao seu compañeiro, que de seguro o instruirá xa moi de pequeno na arte de ser celtista.

E con David, a familia pasa a ser declarada oficialmente "numerosa" (pois hai dúas probas contundentes previas identificadas coma Pablo e Jorge), co conseguinte vacile administrativo en canto ás axudas por fillos que lle corresponden e que a convirte, como dirían os bancos, nunha inversión de alto risco e escasa rendabilidade. Nós sabemos que non é así, e que axudas públicas non terán moitas pero no que respecta a felicidade, non hai inversión mellor.

A Pirámide, no exercicio das súas funcións, hónrase en condecorar coa chupeta de ouro á nosa querida compañeira pola súa incesante ansia en garantir que as nosas pensións de xubilación estean a salvo grazas ao traballo da súa descendencia. A este agradecemento daráselle rexistro de saída no seu tempo e forma.





8 comentários:

Elianinha disse...

Pois aínda encima os funcionarios deben saber facelo moi ben, porque vaia proba contundente máis bonitiña! Graciñas por sacarme da miña ignorancia, e noraboa na Pirámide.

Anónimo disse...

Parabéns e benvido outro novo membro da Pirámide.

Marinha de Allegue disse...

Que boa noticia non si?.
P A R A B E N S !!!.

Unha aperta grande.
:)

Chexire disse...

Noraboa! Agora levade a criatura polo bo camiño ;)

Micas disse...

Em hora boa. Parabéns e Felicidades para o David, que seja sempre um bom celta.
Bicos

paideleo disse...

Parabens por ese neno !. Aledome por vos.
Un saudo.

moucho branco disse...

Moitos parabéns!, :)

Anónimo disse...

Ola! un blog realmente interesante e orixinal.Visitareiche de novo.
Saúdos ;0)

Robert