description

9.3.07

Abrazármonos.



Recollendo o pano que deixou tevabuena, A Pirámide quérese sumar a esa iniciativa do abrazo terapéutico para facernos a tod@s máis felices a poder ser.
Xa nos gustaría a nós ofrecer abrazos polas consellerías adiante sen facer distincións de raza, sexo, categoría profesional ou grupo parlamentario. Algúns dan abrazos pero é por interese:

-Coño, conselleiro. Dame un abrazo, joder. Tenemos que hablar de lo mío.

E falar "do del" pódenos supoñer aos contribuíntes uns cantos miles de euros.
Cando vexo o vídeo, danme gañas de gastar ben toner da impresora, facer un carteliño en A3 e botarme polos corredores adiante. Xa estou oíndo a algúns:

-Pobriño. Este anda muy necesitado.
-Pobriño, pobriño. Pues que se vaya a un puticlub! Este no es sitio deeeeee...

E aí xa o calo eu dunha aperta forte. Ao final, ía ter máis xente á cola que o rexistro de presidencia.
Si alguén ten pensado facer algo similar ou sabe dalguén, que o comunique, e se me cadra cerca, pois ata vou coa familia.
Máis nada. Un abrazo a tod@s.

10 comentários:

FrancisMR disse...

Avisa se decides facelo, non porque andemos necesitad@s, senon porque sempre se agradece se é sincero.

moucho branco disse...

vaia, agora que eu pensaba cobralos a cinco euros cada un me fan isto... competencia desleal!!

Anónimo disse...

pois eu vou poñer a campaña en practica esta tarde, no centro de Madrid, a iso das cinco ... sei que estarán desexosos de cariño

cerrepiache disse...

Cerrepiache está co carraboujo. Se fas algo, alá imos.

Paco Penas disse...

¿Cabe a posibilidade de rematar no cuarto da fregona despois dun abrazo deses?... coidado con esas iniciativas, poden ser perigosas e ademais, un post de sexo na oficina podería esbourar os contadores da pirámide :-)
Pero non estaría mal...

Marinha de Allegue disse...

AS APERTAS sempre son ben recibidas cando se dan de verdade.

Unha A P E R T A.

Anónimo disse...

Oxalá os que se xuntaron o sábado en Madrid acabasen no cuarto da fregona,que desafoguiño máis bo terían, en vez de andar tocando tanto o c....

TXARI disse...

um abraço....jajajaja

Anónimo disse...

Unha aperta moi grande para todos, e en especial para o que escribe.

Arale Norimaki disse...

Estiven a piques de facelo por Barcelona coa miña compañeira de piso pero como non tiñamos garantías de que algúns "apertados" non se propasaran optamos por ir cazar historias cunha cafeteira de hoxalata enchida de verbas e un sorriso, foi moi divertido.