description

22.2.07

Debilidades literarias

Grazas ás entradas de Moucho Branco comezamos a entender na Pirámide o que é iso de facer memes. Como membro máis toupa da pirámide, voulle botar peito e propoñer un aquel. Se non asemella meme isto, é que non entendín nada e vou ter que ir a unha pasantía. Agradeceríavos que me fagades saber o voso parecer porque xa teño bastante con ser funcionario para que ademáis sexa funcionario parvo (nada de risitas, facédeme o favor).

Aí vai. O outro día, facendo iso de cambiar de canle televisiva a fume de carozo (zarping ou algo así), parei nunha serie televisiva na que unha moza víase obrigada, por cuestións académicas, a confesar cal era a súa novela favorita. Confesou, máis o profesor considerou obxecto de discusión si a novela escollida estaba dentro das grandes obras mestras da literatura universal. Evidentemente non o era e a moza avergoñouse da súa elección.

A cousa ven sendo confesar a novela que consideras favorita pero que consciente e obxectivamente sabes que non figura dentro da lista das grandes obras literarias recoñecidas universalmente.

Eu recoñezo que a miña novela favorita é "Posesión", de A.S. Byatt. Ista novela valeulle á autora a concesión do Booker Prize americano e tivo grande éxito no seu tempo. Mesmo hai un par de anos, fíxose unha penosa adaptación cinematográfica que en absoluto lle fai xustiza.

Son dúas historias en tempos distintos pero con vencellos evidentes nas que autora realiza un estupendo exercicio de creación literaria dentro da propia novela e que é a que a salva de ser considerada un folletín romántico. O coñecemento da época e da literatura na que se desenvolve a novela xa me gustaría para min (anglófilo histórico empedernido) e iso ten moito que ver na miña escolla. Aínda así, non me custa moito confesar que esta novela non se achega ás grandes obras literarias. Como dicía Jane Austen "A metade do mundo non entende os praceres da outra metade".

AVISO: si alguén menciona "Los Pilares de la Tierra", choro.

10 comentários:

Chexire disse...

Seguramente a miña novela favorita sexa Rayuela, e non sei se esa a consideras entre as grandes obras da Humanidade ;)

En todo caso, na onda do que dis, seguramente poida dicir "Retorno a la Tierra" de Orson Scott Card. Aínda que este autor ten bastante fama entre os afecionaos á ciencia ficción, esta é unha obriña para pasar o rato pero que a min me enganchou moito no seu día (aínda a revisito de cando en vez).

É o cuarto tomo da "Saga do Retorno", na que unha colonia de humáns volve á terra tras 40 millóns de anos de exilio (despois de ter jodido ó planeta por completo), custodiados por un superordenador que os mantivo á raia ata entón pero que vai perdendo facultades. Unha vez aquí, descubren que dúas especies derivadas dos morcegos (anxos) e dos topos (demos) evolucionaron ata facerse intelixentes á súa maneira.

Como vez, carne de cañón para os académicos...

moucho branco disse...

Moitas gracias pola mención... como me gustou tanto a túa pregunta e lle é tan familiar á miña idiosincrasia persoal me permites que cha conteste a modo de post no meu blogue, por suposto previa mención?... si!?, és un sol, :P

A Raíña Vermella disse...

Eu creo que a miña novela favorita é "O Xogo dos Abalorios" (ui! estiven a piques de dicir "Los Pilares de la Tierra"!) pero tamén me gustou moitísimo "Orgullo e Prexuízo" ou "Anna Karenina", por poñer dous exemplos de superfolletín de la muerte que son considerados (incluso por min) obras mestras da literatura.

besbe disse...

Bueh, pecando de non sei que, a miña é "Cen anos de soedade", os Pilares mentáronmos esta semana 3 veces...eu fun incapaz de seguir adiante con ela pero eso non se pode dicir en público.

Micas disse...

Entre autores portugueses gosto dos "Maias" de Eça de Queiroz e claro dos "Lusiadas" de Luis de Camões que sinceramente não tenho a certeza de se poder considerar como novela.
Entre os estrangeiros gosto da "Viaje del Parnaso" de Miguel de Cervantes, dos "Cem anos de solidão" de Gabriel Garcia Marquez e "Ulisses" de James Joyce.

Perdoa a minha ignorãncia porque não sei se são novelas ou romances.
Unha aperta

Arale Norimaki disse...

Uiss, escoller unha, que difícil reto. Pois a min encantoume no seu momento (hai xa máis de 6 anos) "Illa" novela póstuma de Aldous Huxley. Como novela contrautópica que é, éche bastante deprimente pero ten fragmentos dunha lucidez abraiante.

Jaqueline Sales disse...

Eu não tenho conhecimento literário sobre o post, mas revelo aqui a minha paixão pela literatura, especialmente a clássica. Adoro saber como são atuais, ainda que eu fale de textos publicados a "zinzilhões" de anos atrás, mas ainda continuam fesquinhos e empolgantes como na época em que foram publicados pela primeira vez.

Ah, meu assunto é CASAMENTO! Você se interessaria em saber por que os casados são mais felizes que os solteiros? Ou porque os solteiros adoecem mais que os casados? Pois o tema do post dos Uivos da Loba é, POR QUE CASAMOS?".

Vá lá, Uiveeee e saiba tudo sobre o casamento.

BeijUivooooooooooossssssss da Loba

Anónimo disse...

Para gustos píntanse cores. No penso que haxa que avergoñarse por gustar dun texto concreto. O momento elixido para emprender unha lectura, as nosas circunstancias e accidentes vitais, determinan, as máis das veces, as nosas preferencias. Creo o ideal sería poder falar sen vergoña e escoitar con respecto.
A miña novela preferida é "Retahílas" de Carmen Martín Gaite. Sería longo explicar as miñas razóns, e malia que a outras persoas lles poida parecer un texto sen pena nen gloria, é a miña novela favorita.
Saúdos!!!

Marinha de Allegue disse...

Resúltame francamente difícil elexir unha obra en concreto. Cada unha das que leín funas seleccionando en función das miñas necesidades, moitas delas empeceinas a ler e se cadra non era o seu momento e deixeinas retomeinas noutro tempo. Gústame moito como escribe Ángeles Mastretta e se tivera que elexir algo dela quedaríame con "Mujeres de ojos grandes". Difícil elección hai libros que son verdadeiras xoias...
Gustoume este post de reflexión, entrei varios días aquí e pensei na obra en concreto.

Unha aperta grande.
:)

carraboujo disse...

Paréceme complicadísimo elixir unha soa entre moreas que se acumulan pola miña casa. Ultimamente estou a darlle moito a Paul Auster (as primeiras gustáronme, as restantes viñeron por vicio e non me dá vergonza confesalo porque unha caida no betseller se lle perdoa a calquera). Se teño que pensar a serio quédome con algunhas das mencionadas por aquí: Rayuela e Cien años de soledad; mais tamén La ciudad y los perros, As virxes suicidas, O cao e os caluandas de Pepetela, Seda de Baricco, puff hai moito que mallar!