description

16.1.07

Un pouco de autobombo.

Quen nos ía dicir a nós, pobres traballadores e traballadoras piramidais da pública administración, que iamos saír en Vieiros (no pequeniño recuncho do blogomillo). Agora si que a fixemos boa. Disto van saber polo menos os gabinetes de prensa da Xunta. Un saúdo moi cordial a todos eles e elas. Non vaia a ser o demo...

5 comentários:

Micas disse...

Dixes ben, um saúdo a todos eles, non vaia ser o demo... ;D);D)

Unha aperta

moucho branco disse...

claro que si, se hai que promocionarse... :D

un saúdo.

Anónimo disse...

O problema é que agora empezaran a saír as cousas ocultas nos pasadizos da pirámide e saberase que o blog ten unha importante subvención da Xunta de Galicia. Calculase que pode andar ó redor de cen mil euros (en negro).

A pirámide disse...

randeeira: non son cen mil que son máis. E non nos importa que se saiba. Somos unha fundación fóra do control parlamentario. Somos unha fundación en negro. A xunta negará calquera acusación sobre a nosa existencia. Estamos sós nisto. Meus deus, non sentimos as pernas!

TXARI disse...

isso aumentaria a miles as visitas suponho...um premio!