description

17.10.06

A Pícara de Allegue comentounos. Bendita sexa.

Estamos de noraboa. Mirando o outro día os comentarios das nosas entradas, atopei con sorpresa que tiñamos un comentario novo na entrada das cabronas fotos. Era de Marinha de Allegue. Estaba de acordo co que escribiamos sobre as cabronas fotos. Impresionado fiquei. Alguén que nos le sen que tivesemos que darlle o enderezo do blog escrito nun papel! Xa só por iso Marinha de Allegue é merecente da pirámide de honra e de que miredes o seu blog estupendo con fotos que nindiola. E tamén a imos poñer na listaxe de enlaces, que carallo!
Marinha de Allegue, non sabes o que nos subiches a autoestima

2 comentários:

Marinha de Allegue disse...

Síntome moi alagada polas vosas palabras na miña honra.
Moitas gracias e compráceme saber de que Autoestima medrou.

Unha aperta grande.
:)

Anónimo disse...

A Pícara é uma maravilha! Sultana!