description

11.8.06

Quedamos sen Diquetal Plus

Os que mirades o blog de cando en vez decataríadesvos de que á dereita había un pequeno trebello chamado STICKAM, que servía para meterlle fotos, vídeos e música e velos ou escoitalos na pequena pantalliña. Era moi chulo ver as fotos por ela e mais a nosa primeira peli (Luísa a ciclista). A cousa é que cargaba moito a páxina e tardaba en abrir (algúns de vós nin sequera destes visto a peli) a parte de ser bastante lío meterlle as cousas para que se visen.

É así que A Pirámide decidiu "democraticamenteoqueudija" quitar o Stickam deste blog (que o deus Ra o teña na súa gloria).

Isto non significa que non teñamos onde colgar as nosas fotos. Moi ao contrario, si temos onde colgar as nosas fotos. Veredes que na parte dereita do blog temos unha columna de fotos onde aparece o enderezo de FLICKR.Trátase dunha páxina onde podes deixar todas as túas fotos para que as poidas ver en calquera ordenador que teña Internet. só tes que meter o teu usuario e contrasinal e accedes ás túas fotos para que as vexa calquera. Tamén podes decidir si non queres que sexan públicas ou que só as poidan ver as persoas que ti queiras.

Como podedes ver, A Pirámide xa ten conta no Flickr e xa temos metidas as fotos que ides vendo no blog (para cambiar as fotos que se están a ver só hai que darlle ao botón de actualizar do explorer). Este sistema para aloxar as fotos é mellor para que as poidamos ver todos e todas en calquera momento, sen ter que depender de cedeses nin de andar mandando 5 o 6 mil correos coas fotos do último evento.

A páxina do Flickr está en inglés pero como todos estamos versados e só hai que aprenderse 3 ou 4 pasos non creo que sexa problema.

Outra cousa (e xa acabo, je, je). As fotos que enviedes ao blog, non fai falta que sexan as orixinais (quero dicir que non teñen que ser de 3 ou catro megas cada unha). É suficiente que sexan de 640 x 480 porque o blog non vai permitir que se vexan máis grande e tárdase máis en cargar a páxina. O que hai que facer é reducilas de tamaño (que non de calidade). Hai programas que o fan automaticamente só apretando o botón dereito do rato (VSO Resizer por exemplo).

Creo que basta de tecnicismos por hoxe. Todo isto, con media hora de instrución presencial e un par de contrasinais e nomes de usuario o colledes sen problema.

Xa vexo que polas entradas e algúns comentarios hai un agromo de interese en que este sexa un verdadeiro blog comunitario. Parabén para todos.

2 comentários:

Anónimo disse...

A min quedoume claro: hai que ejectar o STICKAM logo baixar un VSO RESIZER e finalmente executar un FLICKR picándolle co rabo dereito do rato.
Por Isis e Anubis, como non nos medren as neuronas imos ter que volver ós sinais de fume!!!

A pirámide disse...

Unha de dúas. Ou estás ti espeso ou estou eu.