description

31.8.06

Unha reivindicación


pepsi-logo3 [640x480]
Originally uploaded by querubín.
A que non sabedes o que tiñan en común Sócrates, Alexandre Magno, Gustav Flaubert, Xulio César, Haendel, Moliére, Newton, Napoleón, Lord Byron, Dickens, Van Gogh, Truman Capote, Dostoievski e Lenin?

Happy cow mouth





Falando de vacas, aí vos vai unha que vai pola vida presumindo do que non é. Flipades? Pois si, é unha variedade de avelaíña que os americanos chaman "happy cow moth" ("avelaíña vaca leda", sería a tradución aproximada).
Toma esa!!

24.8.06

O de facer máis pequenas as fotos



Si alguén tivo a santa paciencia de ler a entrada na que falaba de facer máis pequenas as fotos (e sei que alguén o fixo porque houbo "comentarios") para que collesen mellor na páxina e non tardase tanto en abrir, acordarase de que falaba dun pequeno programiña chamado VSO Resizer . Unha vez instalado no ordenador só fai falta que abrades a foto que queredes facer máis pequena, picar nela co botón dereito do rato e no menú xa tendes a opción de VSO Resizer

Seleccionade esa opción e abrirase o programiña. Só tendes que modificar o tamaño da foto en "Plantilla" (o normal e 640x480 ou 800x600 como máximo).

Despois debedes pechar o programa (close) e xa tendes xunto a foto a foto orixinal a foto redimensionada (saberédelo porque pon o nome do arquivo máis a resolución que lle destes (por exemplo foto001 (640x480)).

E máis nada por agora. A próxima semana faremos un novo capítulo de bricolaxe informática para bloggers.

22.8.06

Algo haberá tan interesante.

Porque non é coma cando de nenos agardábamos a ver pasar os coches. Algo máis terá que haber para que a "mãe" e a "filha" dispoñan sentarse na area e mirar. Ou algo había ou o fotógrafo equivocouse de lado.

21.8.06

E así rematou a triste historia da vaca dos "quesitos"


E ao mellor pensades que acabou en Arizona, ou mesmo en Sudán, Etiopía ou Somalia. Podería ser, pero non. Aí a tendes. Petrificada. A vaca dos "quesitos" dixo que xa non quería sorrir máis e iso foi o comezo da súa caída libre. En picado caeu a coitada. Agora os quesitos poñen "Dia", "Lidl" ou algo así.

Aí tendes os seus restos, coas derradeiras pallas aínda na boca. Foi dar a Peniche. Lugar turístico da costa portuguesa, logo de ser un dos lugares onde ían dar os presos políticos da ditadura salazarista e que foron os primeiros liberados despois do 25 de abril.

A ver se vai ser que a vaca dos "quesitos" tiña conciencia.

18.8.06

O domingo todas/os na Alameda





LUMES NUNCA MÁIS!!!

11.8.06

Quedamos sen Diquetal Plus

Os que mirades o blog de cando en vez decataríadesvos de que á dereita había un pequeno trebello chamado STICKAM, que servía para meterlle fotos, vídeos e música e velos ou escoitalos na pequena pantalliña. Era moi chulo ver as fotos por ela e mais a nosa primeira peli (Luísa a ciclista). A cousa é que cargaba moito a páxina e tardaba en abrir (algúns de vós nin sequera destes visto a peli) a parte de ser bastante lío meterlle as cousas para que se visen.

É así que A Pirámide decidiu "democraticamenteoqueudija" quitar o Stickam deste blog (que o deus Ra o teña na súa gloria).

Isto non significa que non teñamos onde colgar as nosas fotos. Moi ao contrario, si temos onde colgar as nosas fotos. Veredes que na parte dereita do blog temos unha columna de fotos onde aparece o enderezo de FLICKR.Trátase dunha páxina onde podes deixar todas as túas fotos para que as poidas ver en calquera ordenador que teña Internet. só tes que meter o teu usuario e contrasinal e accedes ás túas fotos para que as vexa calquera. Tamén podes decidir si non queres que sexan públicas ou que só as poidan ver as persoas que ti queiras.

Como podedes ver, A Pirámide xa ten conta no Flickr e xa temos metidas as fotos que ides vendo no blog (para cambiar as fotos que se están a ver só hai que darlle ao botón de actualizar do explorer). Este sistema para aloxar as fotos é mellor para que as poidamos ver todos e todas en calquera momento, sen ter que depender de cedeses nin de andar mandando 5 o 6 mil correos coas fotos do último evento.

A páxina do Flickr está en inglés pero como todos estamos versados e só hai que aprenderse 3 ou 4 pasos non creo que sexa problema.

Outra cousa (e xa acabo, je, je). As fotos que enviedes ao blog, non fai falta que sexan as orixinais (quero dicir que non teñen que ser de 3 ou catro megas cada unha). É suficiente que sexan de 640 x 480 porque o blog non vai permitir que se vexan máis grande e tárdase máis en cargar a páxina. O que hai que facer é reducilas de tamaño (que non de calidade). Hai programas que o fan automaticamente só apretando o botón dereito do rato (VSO Resizer por exemplo).

Creo que basta de tecnicismos por hoxe. Todo isto, con media hora de instrución presencial e un par de contrasinais e nomes de usuario o colledes sen problema.

Xa vexo que polas entradas e algúns comentarios hai un agromo de interese en que este sexa un verdadeiro blog comunitario. Parabén para todos.

10.8.06

O zoar do nordés no castro de Baroña





Ese día non o imos esquecer. Nin os seguintes. Menos mal que o mar non pode arder, nin a area. Así que aí nos tes, mirando impávidos como o fume se vai adentrando no mar. Pero non todo son penas, o día deu para moito: churrasco a eito, rockking polo castro, baño na praia (que se quedou en intento), concurso de cantos (pedras de praia, non dos outros), café en casa Isolina (que luxo!). O mellor, a volta: os infernos de Dante in vivo. Definitivamente, un día para non esquecer.

7.8.06

Se fores a Valencia, mira ben onde sentar


Foto oficial Valencia's trip 2006.

Ai, compañeiros, estes valenciáns sonche uns cabróns. Mira que teñen unha cidade ben bonitiña, pero tan porca que non atopas un mísero banco limpo. Que se cagados das pombas, que se emporcados polas tracas ou polos botellóns. Total que atopei este cactus-puf e aí fiquei. Non moito, que deseguida me entraron unhas ansias tolas de seguir a miña andaina... Ala, aí vos queda de recordo, e lembrade: "Io no t'espere"

2.8.06

Berre´s Party 2006





Velaí vedes a foto oficial do picnic de Berres, evento xa tradicional entre a tropa piramidal. Pero houbo unha ausencia insustituible e que este ano máis ca nunca facíase inprescindible. A do Son tiña que ser ese día a protagonista pero non puido ser. Aínda así quixemos que estivese con nós simbolicamente e por iso o seu asento presidiu todos os actos que fixemos na súa honra e deshonra nosa "y olé".


Pirámides na Península Ibérica!!!




¿Pirámides na Península Ibérica?

Si, aínda que este enunciado sorpréndalle, podemos afirmar que en Iberia construíronse varios tipos de pirámides na antigüidade.

Se queredes divertirvos co tema, consultade http://egiptologia-egiptologos-egipto.blog.com.es