26.5.06
10.5.06
9.5.06
A "discreta a la par que elegante" bohemia compostelá.
A pasada fin de semana pasaba eu polo "Petiscos", afamado restaurante e bar de viños (onda o antigo "Cabaliño do demo"), cando entre grolo e grolo albisquei a unha das estrelas da noite compostelá. Non perdín un intre para achegarme e piropeala. En troques ela deixoume darlle un bico e dirixiume estas palabras: "Meu Xanciño, canto tempo sen verte!" (palabras que sempre levarei no meu corazón). Como queira que levaba a miña camariña dixital, fixen intento de facerlle unha exclusiva para a "pirámide"; pero claro, todos sabemos como son as divas... só me deixou sacarlle un primeiro plano dos seus zapatos de estrea (que lle quedan coma a un anxo). Iso si, da súa identidade nin palabra. A ver se para a próxima pode ser un plano medio, ou, alomenos, unha foto de busto. Ai, "X", canto te queremos e que pouco te deixas ver.
Escribiu
A pirámide
0
instancias
ás 08:50
4.5.06
Ai, Rosalía. Coitada.
San Antonio bendito,
dádeme un home,
anque me mate,
anque me esfole.
Meu santo San Antonio
daime un homiño,
anque o tamaño teña
dun gran de millo.
(...)
que, zambo ou trenco,
sempre é bo ter un home
para un remedio.
(Rosalía de Castro, Cantares Gallegos) 
ás 18:46
Crónica social. Exclusiva: Ánxeles e Eliseo felices no seu matrimonio.

Queridos amigas/os da pirámide é un pracer para nós comunicaros que este ano celebramos o noso primeiro terzo de século en feliz matrimonio. Se o queredes comprobar a calcular. Os ingredientes son:
VODA O 31 DE DECEMBRO DE 1972
Escribiu
A pirámide
1 instancias
ás 07:59
2.5.06
Tamén temos Diquetal Plus
Imos a máis. No aparatiño que hai arriba á dereita, pódese escoitar música, ver vídeos, fotos. O que se queira. Dádeslle ao botón que corresponda e comeza o espectáculo. De momento só hai música, pero xa haberá máis cousas.
Escribiu
A pirámide
0
instancias
ás 09:10









